Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
    • Subvencións recibidas
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

BANDO ECLIPSE SOLAR

Data de publicación: 
martes, 4 Agosto, 2026 - 14:11

BANDO EN RELACIÓN CO ECLIPSE SOLAR DO 12 DE AGOSTO DE 2026

Barreiros será un dos lugares nos que a observación da eclipse total do vindeiro 12 de agosto pode ter maior duración, sempre que a meteoroloxía o permita.

Tendo en conta a época na que se produce dito fenómeno e a situación en canto a capacidade municipal de atención e garantía da seguridade veciñal, esta Alcaldía quere poñer en público coñecemento as cuestións seguintes:

PRIMEIRO.- Lugares con restricións de acceso, durante todo o día 12 de agosto.

1.- Os accesos do noso concello a Comado, Penabor e Cornería estarán restrinxidos a vehículos a motor, a fin de evitar atoamentos. Estes puntos serán accesibles a pé.

Tamén estará restrinxido o acceso de vehículos á zona do Círculo Lítico da Roda, en Reinante, aínda non sendo lugar propicio para a observación, pola súa vinculación simbólica, a efectos de garantir a súa conservación e para previr unha posible presión de visitantes ou comportamentos inapropiados

2.- Neste sentido, no Santo Estevo do Ermo, aínda sendo un lugar no que non se observará a eclipse pola súa situación, queda restrinxido o acceso total en aras da súa protección en canto a capacidade de acollida.

3.- Non se permitirá o uso da pasarela elevada de madeira – no ámbito do Concello de Barreiros-  que une as praias de Arealonga e As Catedrais.

4.- Non poderán utilizarse os miradoiros de madeira situados sobre a ría, ao longo do Camiño Natural Ruta do Cantábrico

5.- Estará prohibido o acceso á zona do espigón a Anguieira, así como á zona dunar entre Punta Anguieira e Altar.

6.- Prohíbese expresamente saír fóra do paseo marítimo en calquera punto e, especificamente, na zona da Punta do Castro (ou Punta do Gavito) en San Miguel e do Castro de San Bartolo.

SEGUNDO.- Está permitido o acceso ás praias- a excepción das zonas dunares-. Ademais, queda prohibido o baño a partir das 19.00h do día 12 de agosto.

TERCEIRO.- O Concello de Barreiros pon a disposición da veciñanza 1.440 lentes para a observación do eclipse (440 cedidas pola Presidencia da Deputación de Lugo e 1.000 cedidas pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo). Poderán recollerse presencialmente na Oficina de Turismo, limitándose a unha por persoa presente no momento da entrega. O Concello repartirá exemplares ás crianzas do campamento de verán e ao persoal municipal.

CUARTO.- Faise un especial chamamento á responsabilidade tanto nos desprazamentos coma na observación da propia eclipse, facendo caso das recomendacións emitidas polos correspondentes organismos e contribuíndo ao bo desenvolvemento da xornada. Poden consultarse ditas recomendacións na páxina municipal barreirosturismo.gal

QUINTO.- O Concello de Barreiros habilitará na medida das súas posibilidades un operativo composto por persoal municipal e voluntariado de Protección Civil co fin de informar e contribuír a unha maior seguridade no desenvolvemento da eclipse.

SEXTO.- Con motivo de eventos ou circunstancias alleas a este Concello poden producirse afectacións ao tráfico, especialmente na zona de praias, das que daremos traslado segundo nos vaia chegando a información.

 

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
BARREIROS PROGRAMA ACTIVIDADES DE CARA AO 8M
BARREIROS ARRANXARÁ 4KMS DE VÍAS MUNICIPAIS CON CARGO AO PLAN DEPUTACIÓN 2026
ENTROIDO BARREIROS 2026
CONTINÚAN AS OBRAS DE MELLORA DO SISTEMA DE ABASTECEMENTO DE AUGA POTABLE EN BARREIROS
BARREIROS ACOLLERÁ O FINAL DA ETAPA LUCENSE DE O GRAN CAMIÑO 2026

Páxinas

  • « primeira
  • ‹ anterior
  • …
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos
  • Subvencións recibidas

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte