Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
Este mércores 6 de abril, ábrese o prazo de inscrición para anotar as nenas e nenos que desexen participar nesta nova modalidade.
O Concello de Barreiros organiza esta nova actividade que amplía o abanico de propostas ofertadas desde as Escolas Deportivas Municipais para a tempada 21-22.
Co desenvolvemento das actividades rítmicas con bases musicais como é o baile, favorecese o control motor dos nenos/as, a capacidade de interacción co medio e co resto das persoas e tamén lles aporta beneficios cardiovasculares e respiratorios polo que é unha proposta altamente recomendable.
A actividade desenvolverase 1 día á semana (tódolos martes lectivos de 18:15h. a 19:15h.) durante os meses de abril, maio e xuño no pavillón municipal de San Cosme e está destinada a crianzas nadas entre o 2008 e o 2017, ambos inclusive.
INSCRICIÓN
O prazo de inscrición estará aberto desde o 6 ó 15 de abril e só se poderá facer a través da sede electrónica do Concello de Barreiros ou na oficina de rexistro municipal, de luns a venres en horario de 9:30h. a 14:30 h. mediante o seguinte formulario de inscrición.
»Descargar o formulario de inscrición
So se poderá presentar un formulario de inscrición por persoa, de solicitar praza para varios/as menores realizarase unha inscrición por cada menor.
No caso de solicitar praza para unha persoa xa inscrita nas EDM Barreiros Menores deberase indicar na solicitude de inscrición, quedando así exenta de aportar a documentación requerida xa que se tomará a facilitada na solicitude de inscrición vixente.
TAXAS