Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
    • Subvencións recibidas
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

Concello

BARREIROS ACOLLE UN CAMPUS DE BALONCESTO NA PRIMEIRA QUINCENA DE XULLO.

Data de publicación: 
luns, 13 Xuño, 2016 - 19:10

BARREIROS ACOLLE UN CAMPUS DE BALONCESTO NA PRIMEIRA QUINCENA DE XULLO. OS PARTICIPANTES DEBERÁN TER ENTRE 8 E 18 ANOS. A INSCRICIÓN É GRATUÍTA E DEBERÁ EFECTUARSE AO LONGO DESTA SEMANA NO CONCELLO.

Barreiros acolle un campus de baloncesto en dúas quendas, que se desenvolverán do 2  ao 17 de xullo. Os participantes deberán ter entre 8 e 18 anos. A inscrición, que é gratuíta, está aberta e deberá realizarse ao longo desta semana.

Ler máis

FUENTE PARGA RECOLLEU EN BASTIAGUEIRO AS SEIS BANDEIRAS AZUIS QUE LUCIRÁN OUTROS TANTOS AREAIS BARREIRENSES ESTE VERÁN.

Data de publicación: 
mércores, 1 Xuño, 2016 - 15:55

O alcalde, Alfonso Fuente, recolleu este mediodía en Bastiagueiro (A Coruña) as seis bandeiras azuis que recibiron os areais de As Pasadas, Lóngara, Coto, Acantilado-Remior, Arealonga e Fontela-Valea. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, foron os encargados de entregar os galardóns.

Ler máis

ENTREGA DE PREMIOS DO CERTAME DAS LETRAS GALEGAS 2016

Data de publicación: 
mércores, 1 Xuño, 2016 - 15:33

O alcalde, Alfonso Fuente, e a concelleira de Cultura, Adela Rodríguez, fixeron entrega dos premios aos gañadores do Certame de Narración e Debuxo Letras Galegas 2016, que na súa fase local foi convocado pola Biblioteca Municipal barreirense. Os doce nenos e nenas recibiron os diplomas que os acreditan como gañadores do concurso. Fuente e Rodríguez felicitáronos e animáronos a seguir desfrutando coa escritura, coa lectura e co debuxo.

Ler máis

BARREIROS CELEBROU O DÍA DAS LETRAS GALEGAS CON TEATRO E CON MÚSICA O DOMINGO E O MARTES.

Data de publicación: 
mércores, 18 Maio, 2016 - 16:39

O grupo A Adala puxo en escena o 15 de maio "Unha morta moi viva" no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro que se encheu para gozar con esta representación.

Ler máis

5ª ETAPA NA PEREGRINACIÓN A SANTIAGO

Data de publicación: 
mércores, 18 Maio, 2016 - 16:04

O grupo de barreirenses que están a peregrinar a Compostela a través do Camiño Primitivo fixeron o pasado sábado, 14 de maio, o treito comprendido entre Burgo de Negral (Friol) e Vilamor (Toques). Trátase da quinta etapa das oito previstas e que deron comezo a mediados do pasado mes de abril. O concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, contou que "a quinta etapa foi dura, a través de camiños cheos de barro, pero ao final triunfamos e rematamos cunha boa comida.

Ler máis

BARREIROS CELEBRA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS CON TEATRO E CON MÚSICA

Data de publicación: 
venres, 13 Maio, 2016 - 11:48

Barreiros celebra o día das Letras Galegas con teatro e con música o domingo e o martes.

Este domingo, 15 de maio, haberá teatro. O grupo A Adala representará Unha morta moi viva. Será a partir das sete da tarde no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. A actividade está organizada pola Oficina de Información Xuvenil e pola Biblioteca Pública Municipal.

Ler máis

O ALCALDE ASEGURA QUE A AUGA DAS PARROQUIAS DE REINANTE, SAN MIGUEL E SAN PEDRO É APTA PARA O CONSUMO, A PESARES DO FORTE OLOR DESTES ÚLTIMOS DÍAS

Data de publicación: 
mércores, 11 Maio, 2016 - 16:56

O alcalde, Alfonso Fuente, asegura que a auga das parroquias de Reinante, San Miguel e San Pedro é apta para o consumo a pesares do forte olor detectado estes días.

O rexedor contou que “dende hai dous días en Barreiros, sobre todo nas parroquias de Reinante, San Miguel e San Pedro, estase a notar un olor moi forte na auga. Un olor que se podería confundir cun exceso de cloro ou de lixivias”.

Ler máis

ALFONSO FUENTE E ADELA RODRÍGUEZ ENTREGARON ESTA MAÑÁ LIBROS DE MANUEL MARÍA NOS COLEXIOS DE SAN COSME E DE SAN MIGUEL.

Data de publicación: 
mércores, 11 Maio, 2016 - 16:47

O alcalde, Alfonso Fuente, e a concelleira de Cultura, Adela Rodríguez, entregaron hoxe nos colexios de San Miguel e de San Cosme varios exemplares de libros de Manuel María, o escritor ao que este ano se dedica o Día das Letras Galegas. “Deste xeito queremos contribuír á celebración desta data”, sinalaron. 

Ler máis

O CONCELLO COMEZOU ESTES DÍAS AS OBRAS DE MELLORA DO ABASTECEMENTO DE AUGA NAS PARROQUIAS DE SAN COSME E SAN MIGUEL.

Data de publicación: 
martes, 10 Maio, 2016 - 16:58

O CONCELLO COMEZOU ESTES DÍAS AS OBRAS DE MELLORA DO ABASTECEMENTO DE AUGA NAS PARROQUIAS DE SAN COSME E SAN MIGUEL. O INVESTIMENTO TOTAL ASCENDE A 400.000 EUROS.

O Concello comezou estes días as obras de mellora do abastecemento de auga nas parroquias de San Cosme e San Miguel. O orzamento total ascende a 400.000 euros.

Ler máis

4ª ETAPA PEREGRINACIÓN A SANTIAGO

Data de publicación: 
martes, 10 Maio, 2016 - 16:32

Un grupo de barreirenses realizaron o pasado sábado, 7 de maio, a cuarta etapa da peregrinación a Santiago a través do Camiño Primitivo.

O percorrido foi de 18 quilómetros entre Lugo e San Román da Retorta. O concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, contou que "foi un camiño sen demasiadas dificultades, pero cunhas vistas á natureza extraordinarias, sobre todo na serra do Careón, que divide as provincias de Lugo e A Coruña".

Ler máis

Páxinas

  • « primeira
  • ‹ anterior
  • …
  • 61
  • 62
  • 63
  • 64
  • 65
  • 66
  • 67
  • 68
  • 69
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos
  • Subvencións recibidas

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte