Tras o parón do verán, o club de lectura da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Barreiros, retoma a súa actividade cunha nova xuntanza este sábado, 20 de setembro, ás 12:00 horas na propia biblioteca.
O Concello de Barreiros despediu na mañá de onte a Hamdi, o neno saharauí que gozou dos meses de verán no municipio acollido por unha familia barreirense no marco do programa "Vacacións en Paz".
O Concello de Barreiros organiza unha nova actividade para a cativada, nesta ocasión propoñemos un interesante obradoiro de monicreques de papel e arte natural no que a imaxinación e a creatividade serán protagonistas.
A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, achegouse na tarde de onte ata o posto central de socorrismo en Coto para felicitar ás e aos socorristas polo traballo desenvolto neste verán.
O Concello de Barreiros, a través da súa aula CeMIT, organizou durante as últimas semanas unhas xornadas tecnolóxicas para as rapazas e rapaces da Asociación de Pais e Nais de Nen@s con Discapacidade da Mariña de Lugo (APNED).
O vindeiro martes, 26 de agosto, ás 12 horas, o centro sociocultural de San Cosme acollerá unha actuación familiar a cargo de Pakolas e a debuxante Laura Romero.
Desde o Concello de Barreiros estamos a levar a cabo diversos traballos de repintado e sinalización co obxectivo de mellorar a accesibilidade para as persoas con mobilidade reducida e garantir espazos adecuados para os vehículos de emerxencias.