Este sábado 21 de agosto ás 12:00h no Concello de Barreiros tivo lugar o nomeamento de Antonio López, Reitor da Universidade de Santiago de Compostela e natural de San Xulián de Cabarcos, como embaixador de Barreiros para a promoción do Camiño de Santiago ao seu paso polo devandito concello. No acto estivo acompañado por Ana Ermida, alcaldesa de Barreiros, e membros da corporación local.
