Compartimos para coñecemento xeral un informe de secretaría-intervención no que se explica a situación económica municipal. O documento é de sumo interese, pois determina as posibilidades orzamentarias e económicas dos seguintes anos, especialmente do orzamento do ano 2020, sobre o que é tempo de comezar a traballar.
Desde o goberno municipal temos o convencemento de que é preciso afrontar a realidade de xeito serio e rigoroso, rompendo a dinámica económica que se viña mantendo en Barreiros e que coloca a este Concello nunha situación límite.