Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
NO CONCELLO BARREIRENSE OFRECEN INFORMACIÓN E TRAMITAN AS SOLICITUDES CORRESPONDENTES.
Ata o 7 de marzo está aberto o prazo de presentación de solicitudes para a prestación económica de pagamento único por fillo menor a cargo para ano 2016, segundo informa o Concello barreirense, que xa enviou comunicacións ás familias empadroadas no municipio.
Desta liña de axudas da Xunta de Galicia poden beneficiarse aquelas persoas que teñan ao seu cargo fillas ou fillos menores de tres anos o 1 de xaneiro deste 2016, e que durante o ano 2014 nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración do IRPF correspondente a este período, nin a presentaran de xeito voluntario aínda sen estar obrigadas a iso. Tamén se poden beneficiar os fillos ou fillas adoptadas ou acollidas entre o 31 de decembro de 2014 e o 31 de decembro de 2015.
Os requisitos que se esixen son que os proxenitores teñan a residencia habitual en Galicia e que na data da solicitude os menores convivan coa persoa solicitante.
As persoas interesadas nestas axudas poden obter máis información no departamento de Servizos Sociais do Concello de Barreiros, de luns a venres en horario de 10 a 14 horas. Tamén alí lles axudarán a tramitar as solicitudes correspondentes.