Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
O rexedor considera que estarán listas no prazo de quince a trinta días.
O alcalde, Alfonso Fuente, visitou as obras que se acometen na estrada LU-6103, que vai desde a N-634 ata Trabada. O rexedor subliñou que é un vial que sofre moito o desgaste dos camións que transitan pola zona, os da recollida de lixo e os que se dirixen ao punto limpo, de aí que se fixera necesaria esta actuación.
Alfonso Fuente contou que “hoxe visitaba o inicio das obras que se están a realizar na LU-6103, na estrada que vai desde a N-634 ata Trabada, na zona da Insua, nun treito que estaba sen aglomerar, e noutros que estaban moi deteriorados”.
O alcalde salientou que “é unha estrada que sofre moito desgaste polo paso continuo dos camións que se dirixen ao punto limpo, así como dos camións de recollida de lixo que van verter a aquela zona. É unha estrada moi importante tamén para todos os veciños de Barreiros”.
O rexedor explicou que “se están iniciando os traballos de limpeza de cunetas e logo se rematará cunha capa de aglomerado asfáltico igual que ten toda a estrada ata A Insua”.
Fuente Parga dixo que “creo que nun prazo de entre quince días e un mes poderemos ver este viario rematado e xa nunhas condicións de bo estado. Agora mesmo tiña bastantes desperfectos e bastantes furados. Vaise colocar tamén unha nova bionda nalgunhas das curvas, e o normal é que quede moito mellor para o tráfico do que o estaba agora mesmo”.