Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
    • Subvencións recibidas
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

ADXUDICADAS AS OBRAS DA CAFETERÍA DO CENTRO SOCIAL DE SAN COSME CUN PRAZO DE EXECUCIÓN DE 4 MESES

Data de publicación: 
martes, 10 Xuño, 2025 - 10:51

O importe de adxudicación é de 53.569,10 euros, que inclúe a reforma exterior, interior e o equipamento.

O Concello de Barreiros deu a aprobación da adxudicación das obras de reforma da cafetería do Centro Social de San Cosme, cuxa licitación se iniciou a finais do mes de abril, tras a redacción das memorias e proxectos de obra e instalacións.

As obras, que inclúen o exterior, interior e equipamento do local, saíron a licitación por un importe de 54.088,33 euros; foron adxudicadas á empresa Calicanto Obras y Proyectos, SL que presentou unha oferta de 53.569,10€.

A alcaldesa, Ana Ermida, explicou que se trata dunha intervención xeral para a que se precisou elaboración de proxectos e memorias técnicas que garantan unha solución adecuada ás problemáticas detectadas. Deste xeito, continuou, “contarase cun local que reúna as condicións óptimas para a súa posterior explotación como cafetería, que dea servizo á veciñanza e contribúa a dinamizar a vida do pobo.”

Obras exteriores, interiores, instalacións e equipamento.

As obras exteriores, destinadas fundamentalmente á eliminación das humidades existentes, inclúen entre outras cuestións a impermeabilización da fachada, así como a retirada da lousa que a recubre para substituíla por un novo material que mellore a eficiencia enerxética, a execución dunha nova cuberta con illamento térmico e o cambio das portas de acceso.

As obras interiores consistirán na adecuación das instalacións de fontanería e electricidade á normativa existente, substitución de luminarias e dotación de auga quente. Inclúese así mesmo, o pintado completo do local.

A maiores, e de cara a cumprir co fin previsto, dotarase ao local do mobiliario de cociña e electrodomésticos adecuados ao uso profesional do mesmo.

As obras teñen un prazo de execución máximo de 4 meses e, unha vez realizadas, poderá poñerse en marcha o procedemento para a explotación do local polas persoas interesadas; prevéndose a mesma para despois do verán.

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
ENTROIDO BARREIROS 2026
CONTINÚAN AS OBRAS DE MELLORA DO SISTEMA DE ABASTECEMENTO DE AUGA POTABLE EN BARREIROS
BARREIROS ACOLLERÁ O FINAL DA ETAPA LUCENSE DE O GRAN CAMIÑO 2026
BARREIROS PROMOCIÓNASE EN FITUR COMO ESPAZO DE NATUREZA E TURISMO ACTIVO
O PAVILLÓN MUNICIPAL DE BARREIROS ESTREA MARCADOR E CÍRCULO CENTRAL

Páxinas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos
  • Subvencións recibidas

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte