Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
O Concello de Barreiros presenta as súas actividades para o mes das letras.
A programación do mes de maio comeza o vindeiro sábado coa posta en escea da obra de teatro “Trepa, Tripa e Tropa”, do grupo O Centiño. Será ás 19hs, no Centro Sociocultural de San Cosme.
A fin de semana do 17 de maio será o máis animado, cun obradoiro de ilustración para crianzas; o Concerto das Letras Galegas das agrupacións barreirenses Coro Airiños do Mar e O Arco da Vella Infantil; unha xornada formativa sobre a velutina e o Mercadiño na Primavera como broche de ouro.
No domingo 26 volverá o recital poético musical “Versos na Baixamar”, no que tamén actuará a orquestra infantil do Sinfónico no Rural, na que participan nenos e nenas de Barreiros.
E o peche do mes será cun concerto didáctico dirixido aos centros de ensino que levarà a cabo a Escola de Música de Foz.
A alcaldesa, Ana Ermida, sinalou que se trata dunha “programación variada e atractiva para todos os públicos, onde podemos atopar ocio e aprendizaxe, ao tempo que se pon en valor o traballo realizado por colectivos e persoas do concello.” Deste xeito, quixo “agradecer a colaboración de todos os colectivos cos que a colaboración fai que se poida gozar dun Barreiros vivo e cheo de actividades coas que poder disfrutar durante todo o mes de maio para promocionar e poñer en valor a cultura”.