Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
O programa será de balde e contará cun total de 526 prazas distribuídas en 2 quendas.
Barreiros, 04 de abril de 2021. O departamento de servizos sociais do Concello de Barreiros informa que a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade organiza o programa ‘Xuntos polo Nadal’ como forma de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopen soas nestas datas, xa sexa por carencia de familiares ou amigos, perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias.
Datas e servizos
Este programa levarase a cabo entre o día 22 de decembro de 2021 e o día 7 de xaneiro de 2022 en dúas quendas de 8 días cada unha (7 noites) con manutención en réxime de pensión completa.
A primeira quenda efectuarase no período comprendido entre o 22 e o 29 de decembro e a segunda entre o 31 de decembro e o 7 de xaneiro.
Persoas beneficiarias
As Solicitudes
Para presentar as solicitudes, as veciñas e veciños de Barreiros deberán contactar co departamento de Servizos Sociais do Concello de Barreiros (previa cita no telf. 982.317.143) onde lles informarán e tramitarán a solicitude; finalizando o prazo o día 15 de novembro incluído.
Máis información na páxina web da Consellería de Política Social