Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
A xunta de Galicia, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo e a empresa pública Xestur ofrece solo empresarial ás empresas que desexen asentarse en Galicia ou ampliar as instalacións xa existentes, así como ás que desexen trasladar as súas instalacións actuais a espazos especialmente concibidos para a actividade empresarial.
Sobre os prezos do solo dispoñible aplícanse bonificacións, que no caso do parque empresarial de Barreiros é do 50 por cento.
O solo pódese adxudicar de dúas maneiras:
1.- En compravenda
2.- En dereito de superficie.
ADXUDICACIÓN EN COMPRAVENDA
A adxudicación en compravenda con prezo bonificado obriga ao adquirente a:
Construír as súas instalacións e obter a licenza de actividade no prazo máximo de tres anos a contar dende a sinatura do contrato.
Pago ao contado da parcela.
ADXUDICACIÓN EN DEREITO DE SUPERFICIE
A adxudicación en dereito de superficie permite ao adxudicatario construír as súas instalacións produtivas e desenvolver o seu proxecto de negocio de negocio sen necesidade de adquirir o solo e pagando un canon anual moi reducido.
As condicións para a adxudicación en dereito de superficie son as seguintes:
As empresas que opten á adxudicación de dereito de solo deberán obter a declaración de proxecto singular. Enténdese por proxectos empresariais singulares aqueles que xustifiquen a importancia da súa actividade ou localización para a política económica ou as especiais necesidades de solo da empresa pola actividade desenvolta, e así o declare o órgano competente. Valorarase especialmente un investimento superior aos oito millóns de euros ou a creación de 20 máis postos de traballo.
No parque de Barreiros terán carácter prioritario e preferente para a declaración de proxecto singular as empresas pertencentes ao sector primario.
No prazo máximo de tres anos, os adxudicatarios deberán ter edificadas as súas instalacións e obtida a licenza de actividade.
O prazo de vixencia do dereito de superficie será de trinta anos, prorrogables ata un máximo total de sesenta anos por acordo entre as partes.
Durante os dez primeiros anos da concesión, os adxudicatarios poderán exercitar o dereito de compra das parcelas, aplicándose o prezo non bonificado das mesmas e descontando parte do pagado en concepto de canon.
O canon a pagar será o seguinte:
- 1 ano de carencia, se se solicita (O canon correspondente prorratearase nos cinco anos seguintes).
- 1,5% do prezo de venda da parcela nos dous seguintes anos.
- 2,5% do prezo de venda da parcela nos dous seguintes anos.
- 3,5% do prezo de venda da parcela no resto do período de vixencia da concesión.
O canon actualizarase a partir do primeiro ano conforme ao IPC.
Máis información: http://www.xesturgalicia.com/index.php?seccion=solo_empresarial&opcion=f...