Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
O Concello de Barreiros organiza unha excursión ao parque de camas elásticas DiverJump (Lugo) dirixida a todas as crianzas que participaron nas escolas deportivas municipais durante o curso 2024-2025.
A excursión terá lugar o vindeiro martes, 8 de xullo e está pensada como unha xornada lúdica e de convivencia para que a cativada desfrute dunha experiencia diferente, con xogos, actividade física e moita diversión. A viaxe contará coa presenza de persoal municipal que acompañará os grupos durante todas as actividades.
As familias que desexen inscribir ás súas crianzas deberán entregar a solicitude na oficina de deportes (ximnasio municipal) en horario de 10:00 a 15:00h. ou enviala ao correo deportes@concellodebarreiros.gal. O prazo remata o venres 4 de xullo ás 14:00h.
Para máis información, pode contactarse co servizo de deportes do Concello de Barreiros no telf. 680.913.904.