Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
A Fundación ONCE, a través da Asociación Inserta Empleo; especializada na inserción laboral das persoas con discapacidade, e en colaboración co Concello de Barreiros puxo en marcha un curso de limpeza de interior de inmobles ao que asisten once persoas con discapacidade.
Esta acción formativa, que se está a impartir na aula CeMIT de Barreiros, ten unha duración de 80 horas dividas en dúas partes: unha teórica de 60 h. e outra práctica 20 h.
Inserta Empleo continúa así como a entidade de recursos humanos da Fundación ONCE, especializada na inserción laboral das persoas con discapacidade, desenvolvendo estratexias en materia de integración social orientadas a posicionar ás persoas con discapacidade en igualdade de condicións con respecto ao resto de cidadáns, para garantir os mesmos dereitos e o acceso aos mesmos servizos.
Grazas a estas accións colaborativas, a veciñanza barreirense pode recibir destrezas profesionais que lles permitirán un desenvolvemento de aptitudes e habilidades persoais para acadar a plena participación na súa contorna laboral e social.
Este curso formativo enmárcase nos programas operativos de Inclusión Social e da Economía Social (Poises) e de Emprego Xuvenil (POEJ), que está desenvolvendo a Fundación ONCE a través de Inserta co cofinanzamento del Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, para incrementar a formación e o emprego das persoas con discapacidade.