Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
    • Subvencións recibidas
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

A CÁTEDRA UNESCO SOBRE ALIMENTACIÓN, CULTURA E DESENVOLVEMENTO CELEBRA A SÚA REUNIÓN CIENTÍFICA ANUAL EN BARREIROS

Data de publicación: 
luns, 9 Xuño, 2025 - 15:21

Unha trintena de antropólogos e científicos sociais da International Commission on the Anthropology of Food and Nutrition (ICAF) analizarán o 9 e o 10 de xuño os retos que impoñen a globalización e a crise climática baixo o epígrafe ‘Paisaxes alimentarias: territorios e identidades sustentables’

A Cátedra Unesco sobre Alimentación, Cultura e Desenvolvemento (Unesco Chair on Food, Culture and Development), que funciona desde la Universitat Oberta de Catalunya, celebra desde este luns, 9 de xuño, a súa oitava reunión científica internacional na Casa do Concello de Barreiros, canda a 49ª edición do mitin da International Commisssion on the Anthropology of Food and Nutrition (ICAF). Participan nesta cita unha trintena de investigadores e expertos procedentes de todo o Estado español, Portugal e Brasil e México, que analizarán nas súas intervencións as dinámicas sociais asociadas ao feito —e ao reto— cotián de comer nun contexto de emerxencia climática e global. ‘Paisaxes alimentarias: territorios e identidades sustentables’ é o epígrafe baixo o que se desenvolverá este encontro.

A inauguración das dúas sesións de traballo terá lugar o luns 9 de xuño ás 9.00 horas no Consistorio de Barreiros, coa participación de F. Xavier Medina, presidente de ICAF Internacional, e David Conde Caballero, presidente de ICAF España-Portugal. Estará con eles a profesora do Campus de Lugo Elena Freire Paz, da área de Antropoloxía Social da Universidade de Santiago de Compostela, que forma parte do comité organizador e científico do encontro, e participarán tamén o deputado da área de Medio Rural, Mar e Mocidade da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, Daniel García, e alcaldesa barreirense, Ana Ermida Igrexas, que colaboran e apoian na posta en marcha desta actividade.

A emerxencia climática nos montes comunais en man común galegos, as prácticas alimentarias peregrinas, os valores resistentes e a perspectiva de xénero nas prácticas hortícolas, a etnografía do pastoreo, os esforzos para construír unha gastronomía nacional, as soidades e as tensións centro-periferia no feito de comer ou as dinámicas do reparto a domicilio nas contornas urbanas son algúns dos aspectos que se abordarán. Tamén se achegarán pescudas sobre os valores emocionais, acerca das paisaxes ecosistémicas, identitarias e culturais nas que se producen os alimentos como a desnutrición e a fame cultural asociadas aos desastres naturais. Tamén a Mariña terá o seu protagonismo durante as sesións, cunha exposición sobre A Mariña Lab como laboratorio social para reimaxinar o territorio desde a alimentación, que correrá por conta de Lucas Requejo de PRATO_DO.

A programación complétase o martes, 10 de xuño, cunha visita xeolóxica á praia de Augas Santas ou das Catedrais, en Ribadeo, e un percorrido polo conxunto fabril de Sargadelos (Cervo) e pola cidade episcopal de Mondoñedo. Os congresistas achegaranse tamén ata a denominación de orixe e indicación xeográfica protexida da Faba de Lourenzá e participarán nunha cata de mel e nun encontro con representantes do Colectivo Gastronómico da Mariña.

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
ENTROIDO BARREIROS 2026
CONTINÚAN AS OBRAS DE MELLORA DO SISTEMA DE ABASTECEMENTO DE AUGA POTABLE EN BARREIROS
BARREIROS ACOLLERÁ O FINAL DA ETAPA LUCENSE DE O GRAN CAMIÑO 2026
BARREIROS PROMOCIÓNASE EN FITUR COMO ESPAZO DE NATUREZA E TURISMO ACTIVO
O PAVILLÓN MUNICIPAL DE BARREIROS ESTREA MARCADOR E CÍRCULO CENTRAL

Páxinas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos
  • Subvencións recibidas

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte