Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
    • Subvencións recibidas
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

A ALCALDESA VISITOU HOXE O OBRADOIRO QUE SE ESTÁ A DESENVOLVER EN RIBADEO PARA COÑECER DE PRIMEIRA MAN OS TRABALLOS REALIZADOS E QUE SE LEVARÁN A CABO TAMÉN EN BARREIROS DE CONTAR CO OBRADOIRO CONXUNTO CO MUNICIPIO VECIÑO.

Data de publicación: 
mércores, 19 Febreiro, 2020 - 21:31

Os Concellos de Ribadeo e de Barreiros van solicitar á Xunta de Galicia un obradoiro de emprego conxunto para a conservación e dixitalización dos seus arquivos históricos municipais.

No caso de Ribadeo xa leva varios anos realizando este tipo de obradoiros e catalogando os seus fondos, pero aínda queda traballo por facer. Esta celebrarase un pleno extraordinario urxente no Concello de Ribadeo para abordar o convenio administrativo de colaboración co de Barreiros para o desenvolvemento dese obradoiro. Na tarde de onte, o municipio barreirense xa celebrou a sesión plenaria para aprobar a solicitude. E esta mañá Fernando Suárez e Ana Ermida visitaron o arquivo de Ribadeo.

O alcalde ribadense, Fernando Suárez, lembrou que “xa levamos varios anos traballando nesta dixitalización, ordenación e restauración do arquivo histórico municipal de Ribadeo, que ten varios séculos de antigüidade e con moitísima información, co cal é unha marabilla non soamente para os veciños senón para todos os estudosos da historia e tamén para o día a día dunha administración pública como é o Concello de Ribadeo”.

O rexedor sinalou que “con este éxito que desde hai anos estamos facendo con estes obradoiros entre a Xunta e o Concello, desta volta queremos dar un paso máis adiante e solicitar un novo obradoiro colaborando con Concello veciño de Barreiros, que ten unhas características no seu arquivo que tamén está desordenado, como estaba o noso e que nestes últimos anos fomos facendo grandes avances e melloras, pero que aínda non temos rematado. De aí que queiramos conxuntamente plantexarlle este novo proxecto á Xunta de Galicia para, se o ten a ben, nos volva sufragar un obradoiro destas características sabendo que o resultado do traballo, ademais do traballo que xera para a xente que participa neste obradoiro e para a súa formación, tamén para o Concello de Ribadeo é moi positivo”.

A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, declarou que “no caso do Concello de Barreiros tratamos de aproveitar a experiencia e as sinerxias que poden xurdir co Concello de Ribadeo, porque este é un obradoiro no que eles xa levan anos traballando e que para Barreiros nos pode beneficiar, por un lado para poñer a disposición do público o arquivo histórico que poida existir, facelo público, dixitalizado e conservalo. Tamén para facilitar o traballo mesmo dos empregados municipais á hora de organizar o arquivo municipal e facilitar o acceso á información, ademais de contribuír á formación profesional das rapazas e rapaces entre 18 e 30 anos e así consolidar que poidan desenvolverse profesionalmente nos nosos concellos”.

Ana Ermida e Fernando Suárez pasaron esta mañá polo obradoiro Ribadeo alén do Camiño, que se desenvolve no Concello de Ribadeo e coñeceron o traballo que as súas 20 alumnas e alumnos están a realizar desde finais do pasado mes de novembro e ata o vindeiro mes de agosto. Tamén visitaron o arquivo histórico municipal, onde puideron ver planos dunha colexiata de 1787.

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
BARREIROS ACOLLERÁ A EXPOSICIÓN “FAUNA ESENCIAL”
UN CONVENIO ENTRE INSERTA EMPLEO E O CONCELLO DE BARREIROS FORMARÁ PERSOAS CON DISCAPACIDADE SEN SAÍR DO MUNICIPIO
BARREIROS PROGRAMA ACTIVIDADES DE CARA AO 8M
BARREIROS ARRANXARÁ 4KMS DE VÍAS MUNICIPAIS CON CARGO AO PLAN DEPUTACIÓN 2026
ENTROIDO BARREIROS 2026

Páxinas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos
  • Subvencións recibidas

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte