Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
    • Subvencións recibidas
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

A ALCALDESA DE BARREIROS TRASLADOULLE Á XUNTA AS NECESIDADES E DEMANDAS DO MUNICIPIO

Data de publicación: 
martes, 2 Xullo, 2019 - 14:31

Ana Ermida reuniuse co delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, para tratar cuestións prioritarias para o goberno municipal.

O financiamento do servizo de socorrismo, o saneamento, a ordenación urbanística ou a necesidade dun centro de día puxéronse enriba da mesa para abrir vías de colaboración.

No día de onte, a alcaldesa de Barreiros desprazouse a Lugo para manter unha reunión co delegado da Xunta e trasladarlle as prioridades do goberno municipal para traballar nos vindeiros anos.

A pimeira cuestión que a mandataria barreirense trasladou ao executivo galego foi a insuficiencia de finanzamento autonómico para a contratación de socorristas para este verán, ao recurtar de 19 a 8 os socorristas subvencionados, sen previo aviso e cambiando os criterios sen capacidade de reacción por parte dos gobernos municipais. Desde o executivo barreirense trasladouse a posibilidade de revisión desa cuestión para que a distribución dos fondos sexa acorde ás necesidades reais dos municipios.

Ordenación do territorio e servizos.

Ana Ermida tamén sinalou as vías principais nas que traballará o goberno municipal e nas que a Xunta debe implicarse para garantir a mellor das solucións para as veciñas e veciños de Barreiros.

Neste sentido, a alcaldesa sinalou que "en Barreiros é urxente abordar todos os traballos relativos ao saneamento e depuración, desde as parroquias nas que non existe un só metro de rede de saneamento ata o funcionamento das depuradoras; que supoñen un  problema importante tanto a nivel medioambiental como mesmo de saúde pública."

Outra das cuestións abordadas na xuntanza foi a situación do PXOM, pendente de realizar unha xuntanza de traballo co persoal técnico, que debe tramitarse coordinadamente coa administración galega. "A ordenación urbanística do municipio debe facerse desde a responsabilidade da situación creada e pensando no beneficio e o interese xeral e para iso debe existir transparencia absoluta e colaboración interadministrativa."

Os servizos sociais como centro do goberno.

A posibilidade de dotar a Barreiros dun centro de día foi outra das cuestións abordadas pola mandataria na xuntanza co representante da Xunta.

"O envellecemento da poboación e a necesidade de dar servizos que garantan o pleno desenvolvemento das persoas o máis próximas ao seu domicilio é fundamental para unha sociedade como a barreirense", manifestou Ana Ermida. Nese sentido, trasladou a demanda social existente para que Barreiros se dote dun centro de día, que permita a atención ás persoas maiores e a conciliación da vida laboral e familiar, aliviando ás familias que aposten por instalarse e desenvolver as súas vidas en Barreiros. "As administracións temos que traballar por facilitarlles a vida ás veciñas e veciños e atender ás demandas existentes. A pirámide poboacional de Barreiros indica a necesidade de reforzar os servizos sociais e a atención á terceira idade e nese sentido se vai traballar desde o goberno municipal", afirmou.

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
BARREIROS PROMOCIÓNASE EN FITUR COMO ESPAZO DE NATUREZA E TURISMO ACTIVO
O PAVILLÓN MUNICIPAL DE BARREIROS ESTREA MARCADOR E CÍRCULO CENTRAL
A AULA CEMIT DE BARREIROS ACOLLERÁ O EXAME COMDIX DE NIVEL INICIACIÓN
BARREIROS LANZA A LICITACIÓN DAS OBRAS DE REHABILITACIÓN DO TELECLUB DE SAN COSME
BARREIROS INICIARÁ NESTE 2026 AS CONEXIÓNS PEONÍS E CICLABLES COAS PRAIAS

Páxinas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos
  • Subvencións recibidas

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte