Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
    • Subvencións recibidas
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

A ALCALDESA DE BARREIROS REITERA ANTE A CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS A NECESIDADE DE FINANZAMENTO PARA A EDAR DE SAN MIGUEL

Data de publicación: 
mércores, 23 Xuño, 2021 - 16:51

Barreiros, 23 de xuño de 2021.  A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, vén de dirixirse á conselleira de Infraestruturas e Mobilidade para reiterarlle a necesidade de busca de finanzamento adicional ao terzo comprometido pola Xunta.

A alcaldesa explica que se puxo en contacto telefónico coa conselleira, tras as declaracións e informacións aparecidas nos medios de comunicación nos últimos días, para reiterarlle a necesidade do proxecto e a inviabilidade de realizalo se o Concello ten que asumir un terzo do orzamento; “non só pola magnitude do mesmo e o orzamento que manexa a institución local, senón tamén por unha situación económica herdada de xestións anteriores que situaron a este Concello na práctica quebra técnica.”

Neste sentido, explica que “desde o goberno municipal continuamos a realizar xestións para obter fondos que permitan levar a cabo o proxecto redactado por Augas de Galicia, razón pola que se remitiu o proxecto para a súa toma en consideración ao Ministerio como proxecto tractor con cargo a fondos europeos que se poidan recibir no Estado; unha vez trasladada a imposibilidade técnica de avaliar comparativamente outras alternativas máis económicas presentadas polo Concello de Barreiros ante o ente autonómico”

Ana Ermida, reitera así ante a Consellería “o interese do Concello de Barreiros por levar a cabo dito proxecto que xa conta co aval técnico preciso (aínda que poida ser necesaria a actualización do mesmo, dado o tempo transcorrido); así como a necesidade da obtención de fondos adicionais que supoñan rebaixar a aportación municipal ata unha porcentaxe viable para un Concello coma Barreiros, que conta con un orzamento municipal de arredor de 4 millóns de euros e unha amortización anual de débeda superior ao 10% do mesmo.”

Solicita igualmente na misiva remitida  “a aposta do goberno galego por este proxecto fundamental no saneamento das augas -xa que ademais ten un especial impacto na zona costeira, mesmo en zonas de especial protección como Rede Natura, a área de protección das Catedrais e zonas próximas- incluíndoo como prioritario á hora de posibles fondos que puidera xestionar a administración galega.”

Para Ermida a necesidade de levar a cabo este proxecto e o seu impacto transcende o ámbito local e reitera a necesidade de implicación doutras administracións “se realmente existe un interese en levalo a cabo”.

“Por iso, desde o goberno traballamos con rigorosidade e continuidade desde diversos eidos para a procura da viabilidade económica do proxecto, partindo de que a regra dos terzos trasladada pola Xunta a este Concello no seu momento non é realista, ao ser sobradamente coñecida a imposibilidade do Concello de Barreiros de asumir con fondos propios máis de 1 millón de euros”, conclúe a rexedora.

 

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
COMUNICADO DO CONCELLO DE BARREIROS SOBRE O CUMPRIMENTO DA SENTENZA COA DEMOLICIÓN DE SEIS VIVENDAS EN LÓNGARA
A VOLTAS COS CONTOS ENCHERÁ DE ACTIVIDADES ESTE VERÁN AS PARROQUIAS DO INTERIOR DE BARREIROS
BARREIROS PRESENTA O SEU PROGRAMA DE VISITAS GUIADAS PARA ESTE VERÁN 2026
"MIRADAS. MULLERES NA ARTE" CHEGA AO CENTRO SOCIOCULTURAL DE BARREIROS
NOITES ALTERNATIVAS: NACE UN NOVO PROGRAMA DE OCIO EN BARREIROS PARA A MOCIDADE

Páxinas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos
  • Subvencións recibidas

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte