Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
Desde o Concello de Barreiros diriximos novamente unha carta ao conselleiro de Sanidade e á xerencia da área sanitaria Lugo-A Mariña-Monforte de Lemos pera denunciar a situación insostible que está a sufrir a veciñanza cunha atención primaria deficitaria.
Hoxe mesmo, no centro de saúde de Barreiros, a totalidade do persoal facultativo está sen cubrir; só hai unha persoa para atender urxencias. Tras un verán de sobrecarga laboral para as persoas que sustentan o servizo, a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, vén de trasladar por escrito a preocupación e o malestar da veciñanza e do propio persoal sanitario, reclamando solucións inmediatas que garantan unha atención primaria de calidade en Barreiros.