Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

A ALCALDESA DE BARREIROS DIRÍXESE Á CONSELLERÍA DE SANIDADE E AO SERGAS PARA SOLICITARLLES A COBERTURA DE PERSOAL DO CENTRO DE SAÚDE DE BARREIROS

Data de publicación: 
martes, 14 Decembro, 2021 - 14:09

Barreiros, 14 de decembro de 2021. A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, vén de dirixir unha misiva ao conselleiro de sanidade, ao xerente do Sergas e ao xerente da EOXI de Lugo, Monforte e Cervo solicitándolles a cobertura do persoal necesario no Centro de Saúde barreirense; tras ter coñecemento de que sofre unha mingua de persoal de atención primaria para atender á poboación do concello, motivo polo que o persoal facultativo de familia ten dificultades á hora de prestar os seus servizos ou disfrutar dos permisos. A maiores, e debido a un traslado da persoa que viña prestando a atención pediátrica, esta tamén se viu minorada, ao non estar cuberta dita praza de xeito estable, prestándose atención en días soltos e recaendo estas funcións en numerosas ocasións no persoal médico de familia.

Neste sentido, a mandataria municipal expón que “tanto a pirámide poboacional de Barreiros –cunha poboación notablemente envellecida- como a época na que nos atopamos – na que os cadros de enfermidades respiratorias son habituais -especialmente en crianzas-, e máis na situación sanitaria actual, supoñen unha importante carga de pacientes que teñen como porta de entrada ao sistema sanitario o centro de saúde primaria.”

 Para Ana Ermida “é obvio que non contar con persoal suficiente para a atención deixa á poboación cun déficit que deteriora tanto a atención que se recibe como o propio sistema sanitario público; xa que debido a esta situación, as citas vense retrasadas e, nalgúns casos, pasan a demandar asistencia privada, co que iso supón para as familias que deben facer un esforzo por non contar coa atención oportuna na sanidade pública. Ademais de que as condicións nas que os profesionais teñen que prestar os seus servizos, cunha sobrecarga de traballo e dificultades nos períodos que lles corresponden nos descansos non benefician o servizo público”

Ademais, fai especial fincapé na atención de nenas e nenos que deben ter atención pediátrica, xa que “é especialmente importante o retraso que se poida producir non só nas citas por patoloxías, senón tamén nos propios controis de idade, especialmente en recén nados, pola importancia do seguimento en escasos días que debe realizarse. Pero, a maiores, debemos ter en conta que esta situación afecta tamén ás consultas eventuais por enfermidades comúns que poidan ter lugar; interferindo moi negativamente noutros servizos e lugares que, xa de por si, carecen dunha atención pediátrica axeitada; tal como poden ser o PAC de Ribadeo ou o propio servizo do Hospital da Mariña; onde non existe, de inicio, persoal pediátrico dispoñible.”

Por esta razón, remata a carta solicitando “a dotación do persoal mínimo para unha correcta atención das veciñas e veciños polo correspondente persoal médico de atención primaria e especialista en pediatría de xeito estable para garantir os dereitos sanitarios dos mesmos e a calidade da atención sanitaria en Barreiros.”

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
ROMINA REIMONDO E ALEJANDRO VILLALBA COROANSE NO CIRCUITO DE CARREIRAS POPULARES +KMSBARREIROS
O CONCELLO DE BARREIROS ORGANIZA UN PROGRAMA DE APOIO A PERSOAS COIDADORAS
BARREIROS CONTINÚA COA MELLORA DA REDE VIARIA LOCAL
O PERSOAL DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DE BARREIROS FINALIZA CON ÉXITO O CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NO SECTOR SOCIOSANITARIO
O LUNS 31 O CONCELLO DE BARREIROS CELEBRA O SAMAÍN INFANTIL

Páxinas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte