Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
A sección infantil do grupo de teatro A Adala porá en escena este domingo, 1 de outubro, en Barreiros a obra "A ra que se quedou sen charco". Os xoves actores integrantes do grupo de Fazouro, estreaban esta obra o pasado mes de febreiro e agora chegan con ela a Barreiros.
Esta representación, incluída no proxecto Buxiganga da Deputación de Lugo, terá lugar o vindeiro domingo ás 18:00 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. Na organización colaboran a Concellería de Cultura e a Oficina de Información Xuvenil.