Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
O grupo de barreirenses que están a peregrinar a Compostela a través do Camiño Primitivo fixeron o pasado sábado, 14 de maio, o treito comprendido entre Burgo de Negral (Friol) e Vilamor (Toques). Trátase da quinta etapa das oito previstas e que deron comezo a mediados do pasado mes de abril. O concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, contou que "a quinta etapa foi dura, a través de camiños cheos de barro, pero ao final triunfamos e rematamos cunha boa comida. E aproveitamos para celebrar o cumpreanos dun dos nosos compañeiros camiñantes, de José de Vilamartín".