Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
Un grupo de barreirenses realizaron o pasado sábado, 7 de maio, a cuarta etapa da peregrinación a Santiago a través do Camiño Primitivo.
O percorrido foi de 18 quilómetros entre Lugo e San Román da Retorta. O concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, contou que "foi un camiño sen demasiadas dificultades, pero cunhas vistas á natureza extraordinarias, sobre todo na serra do Careón, que divide as provincias de Lugo e A Coruña".
O edil explicou que "nos introducimos no máis rural galego, pasando por aldeas con casas de pedra de cantería e camiños de terra, que fan que os peregrinos avancemos máis comodamente cara a meta. Atopamos xente hospitalaria e traballadora. Moitos dos nosos peregrinos, xa xubilados, lembraron e añoraron eses traballos de tempos pasados".