Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
Medio cento de camiñantes barreirenses fixeron o pasado sábado a terceira etapa da peregrinación que realizan os sábados a Santiago de Compostela a través do Camiño Primitivo. O treito desta pasada fin de semana foi o comprendido entre Santa María de Gondar e Lugo. Segundo explica o concelleiro de Medio Ambiente de Barreiros, José Manuel Gómez Puente, "foi un tramo precioso de 18 quilómetros, no que se mistura o rústico e rural co urbano. Atravesamos Lugo pola porta de San Pedro da impresionante muralla, paseamos polas rúas de Lugo e chegamos á Catedral, que é dunha grande beleza, ademais de confortar o espírito". O edil popular engadiu que "logo démonos un festín no restaurante A Seimeira, cunha xantar saboroso e co trato especial que nos ofreceu Azucena, a súa propietaria, que é veciña de Barreiros".