Nas últimas horas foron entregados os premios aos gañadores e gañadoras do Concurso de Poesía e Debuxo de Nadal, que organizou a Biblioteca Pública Municipal de Barreiros.
Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
Aínda non se creou contido para a páxina principal.
Nas últimas horas foron entregados os premios aos gañadores e gañadoras do Concurso de Poesía e Debuxo de Nadal, que organizou a Biblioteca Pública Municipal de Barreiros.
O presuposto do Concello de Barreiros para 2019 ascende a 4 millóns de euros. Foi aprobado onte no pleno e o alcalde subliña que se manteñen todos os servizos que se prestan aos veciños e veciñas e que non se incrementa ningún imposto.
Estas actividades desenvolveranse durante os meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril e as persoas interesadas poderán formalizar a inscrición na Aula CeMIT ou no Concello.
A presentación destes cursos celebrarase o xoves 10 de xaneiro ás 16:00 horas na Aula CeMIT de Barreiros, sita no Teleclub de San Cosme.
MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS DA MARIÑA LUCENSE
A Mancomunidade de concellos da Mariña Lucense solicitou a concesión dunha subvención para a posta en práctica de programas integrados de Emprego de Galicia durante os anos 2018- 2019 ao abeiro da Orde do 31 de maio de 2018 (DOG núm. 118, do 21 de xuño de 2018).
A este Programa Integrado de Emprego, denominado Avanza na Mariña Lucense II, foille concedida unha subvención de 250.000 € por Resolución do Director Xeral de Orientación e Promoción Laboral do 26 de outubro de 2018.
O Concello de Barreiros, a través da Oficina de Información Xuvenil e da Delegación de Cultura, organiza un concerto da AC Brigantia, que se celebrará o vindeiro domingo, 16 de decembro.