Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
Aínda non se creou contido para a páxina principal.
Barreiros e Lourenzá organizan unha actividade guiada que unirá os dous concellos coa figura do homenaxeado nas letras galegas 2023, Francisco Fernández del Riego, como nexo.
Os Concellos de Barreiros e Lourenzá presentaron hoxe a actividade guiada que organizan para o vindeiro 7 de maio. A iniciativa englóbase nas actividades arredor do Día das Letras Galegas e desenvolverase baixo o nome "De Cosme Barreiros a Salvador Lorenzana", honrando dous dos pseudónimos utilizados polo escritor laurentino homenaxeado en tal data.
O Concello de Barreiros, a través do obradoiro de emprego que está a levar a cabo xunto co Concello de Ribadeo, inicia a campaña de recollida de libros usados cos que se dotarán as dúas bibliotecas rurais en cuxa posta en marcha xa traballan. A campaña promociónase baixo os lemas “NON DEIXES MORRER OS TEUS LIBROS. Dalles unha segunda vida. Dónaos!”