Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
Aún no se ha creado contenido para la portada.
Este sábado 21 de agosto ás 12:00h no Concello de Barreiros tivo lugar o nomeamento de Antonio López, Reitor da Universidade de Santiago de Compostela e natural de San Xulián de Cabarcos, como embaixador de Barreiros para a promoción do Camiño de Santiago ao seu paso polo devandito concello. No acto estivo acompañado por Ana Ermida, alcaldesa de Barreiros, e membros da corporación local.
BANDO
Debido a una avería producida en la Estación de Tratamiento de Agua Potable en fecha 6 de agosto de 2021, se produjo un descenso en los niveles de los depósitos de almacenamiento de agua potable.
O Concello de Barreiros acometeu nas últimas semanas diversos arranxos nunha das súas iconas turísticas, a paraxe natural do Santo Estevo do Ermo, particularmente coñecida pola súa fervenza. Un reduto de alto valor ecolóxico e cultural que supón un gran atractivo para os viaxeiros que se achegan ex profeso para coñecer este recuncho da Mariña Lucense.
Entre as adxudicacións aprobadas na última xunta de goberno, están o abastecemento de auga potable en Remior, unha pista multideporte en San Cosme, unha área pública en Vilamartín Pequeño e varias vías municipais en San Xusto, Benquerencia, San Miguel e San Cosme.
Os concellos de Barreiros e Ribadeo volven colaborar para por en marcha un novo obradoiro de emprego dirixido a persoas mozas (ata 30 anos) inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. Un proxecto que realizan de maneira conxunta os dous concellos e que se leva a cabo a través dunha subvención procedente da Consellería de Emprego e Igualdade.