Esta semana recibimos a visita de Pedro Blanco, delegado do Goberno en Galicia, que puido comprobar en primeira persoa a situación dos cantís na zona do San Bartolo, para a que a Dirección General de Costas elaborou un estudo e o proxecto para garantir a seguridade na zona.
A biblioteca de Barreiros está de noraboa despois de acadar un dos premios do Concurso de Proxectos de animación á lectura María Moliner organizado polo Ministerio de Cultura para municipios de menos de 50.000 habitantes.
O mércores, 3 de decembro, o Concello de Barreiros acollerá o stand “Un mar de diversidade II”, unha proposta aberta á comunidade que invita á veciñanza a reflexionar sobre a diversidade e sobre a necesidade de avanzar cara a contornas máis accesibles.
Este mediodía, desde a Praza do Concello, a veciñanza barreirense alzou a voz contra a violencia machista nun acto para lembrar que en Barreiros non hai espazo para as violencias contra as mulleres.