Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
Por quinto ano consecutivo, o Surf ten presenza nas Escolas Deportivas Municipais de Barreiros. Esta semana o concelleiro de Deportes, Daniel García, reuniuse co responsable da academia local de surf, LA Academia del Surf, Luís Fernández para presentar oficialmente, a Escola municipal de Surf desta tempada 25/26, que dará comezo o vindeiro 08 de abril na praia sede da actividade, a Praia de Coto, en Barreiros.
Esta mañá ás 11:30 horas tivo lugar a inauguración da Exposición “Fauna Esencial” da Fundación Abanca e Abanca Corporación Bancaria.

Esta mañá, o Concello de Barreiros, a Fundación Abanca e Abanca Corporación Bancaria, asinaron un convenio de colaboración para traer a Barreiros a Exposición “Fauna Esencial”.

O Concello de Barreiros segue a dar pasos firmes para que a formación e as oportunidades laborais non sexan unha barreira para ninguén. Grazas ao traballo levado a cabo desde a área de Servizos Sociais nos últimos anos, o convenio de colaboración coa entidade Inserta Empleo (Fundación ONCE) comeza a dar os seus froitos máis tanxibles coa posta en marcha dun curso presencial de Vendedor/a de Estacións de Servizo.