Esta tarde, ás 17:00 horas, celebraremos a clausura das Escolas Deportivas Municipais de menores no pavillón municipal. Teremos unha exhibición de patinaxe e un partidiño de demostración de fútbol sala.
Realizará estes investimentos no entorno do Souto e das pistas deportivas, onde existen importantes equipamentos públicos e un fluxo de poboación elevado.
O día, 4 de xuño de 2024, contaremos coa presenza da Oficina Móbil do programa Acelera Peme, posto en marcha pola Deputación de Lugo na Praza do Concello, ás 10:30 horas.