O Concello instalou esta mañá un posto de socorrismo na praia de Arealonga. Un total de 21 socorristas, 2 técnicos sanitarios, unha ambulancia e dúas zodiacs prestarán os seus servizos do 1 de xullo ao 31 de agosto nos areais barreirenses, nos que haberá dous postos de socorro, un na praia de Coto e outro na de Arealonga.