As Concellerías de Medio Ambiente e de Turismo organizan unha viaxe á Festa da Virxe da Barca en Muxía. Será o 9 de setembro e sairán dous autobuses, o primeiro ás 6:30 horas da praza do Concello cos peregrinos que están a realizar o Camiño de Santiago por etapas nese treito. O outro autocar partirá ás 8:00 horas coas persoas que queiran asistir á misa e á Festa da Virxe da Barca. En Muxía xuntaranse as dúas expedicións e compartirán un xantar a base de arroz á mariñeira, caldeirada de pescada, lacón asado, doces e café. O prezo por persoa é de 17 euros.