Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
Veciños e veciñas de Barreiros participaron hai uns días nunha campaña de recollida de lixo, con preferencia plásticos, nos areais locais.
O concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, explicou que “os plásticos que chegan ao mar causan un grande problema medio ambiental. E para concienciar á poboación realizouse un proxecto que organiza Ecoembes e que se denomina Libera 1 m2. Foi a segunda edición e este ano desde Barreiros quixemos sumarnos a esta iniciativa”.
O edil barreirense destacou “a axuda e colaboración da asociación Barreiros Mar e Monte. Estoulles moi agradecido pola recollida de lixo nas nosas praias hai uns días”.