Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
O Concello de Barreiros e A.F O Arco da Vella presentan a 42°edición do Festival Folclórico Internacional do Emigrante considerada Festa de Interese Turístico Galego.
A Alcaldesa, Ana Ermida e o concelleiro e deputado provincial, Daniel García acompañaron na presentación a membros da A.F O Arco da Vella que preside Enrique Penabad.
Este sábado, día 2 de agosto, ás 21:30h no campo de fútbol As Valgas poderemos desfrutar das actuacións da Agrupación Santa Ana (Tenerife), Rancho folclórico das Lavradeiras de Vila Franca (Viana do Castelo-Portugal) e da agrupación local, a A.F O Arco da Vella.
O día anterior, venres 1 de agosto, a A.F O Arco da Vella organiza a xa tradicional Foliada do Emigrante na Praza do Souto que este ano contará con carpa. Colabora no evento o Concello de Barreiros e a Vicepresidencia da Deputación provincial.
