Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
Ana Ermida e Dani García en representación do Concello de Barreiros e Marcos Rodriguez e Jose Luis Ríos en representación de Iberia CF e Celta Barreiros FC respectivamente, asistiron este martes ao estadio de Balaidos á presentación do Campus RCCelta.
O Real Club Celta de Vigo e o Concello de Barreiros organizan por sexto ano consecutivo este campus na localidade e contan coa colaboración dos clubs de fútbol locais, Iberia CF e Celta Barreiros FC. É un campus destinado a nenos/as de 5 a 16 anos que se realizará dende o luns 27 ao venres 31 de xullo.
Para a alcaldesa, Ana Ermida “este campus supón achegar a estrutura dun club de primeiro nivel, como é o Celta de Vigo, a rapaces e rapazas de Barreiros e da contorna que descubren de primeira man a metodoloxía e os adestramentos que eles levan a cabo”.
As inscricións xa se atopan abertas e as prazas son limitadas , polo que é importante inscribirse canto antes para asegurar a asistencia xa que en todas as edición se completaron todas as prazas.
Procedemento de inscrición:
Como xa é habitual, contaremos con desconto especial para todos os nenos/as empadroados no Concello de Barreiros. Ao realizar o pago seleccionar PREZO CON DESCONTO EMPADROADO NO CONCELLO e marcar desconto por EMPADROADO NO CONCELLO DE BARREIROS (débese adxuntar xustificante).
Respecto a edicións anteriores, matizar que o proceso de inscrición consta de 1 único paso donde se realiza o pago e se completa o formulario de datos á vez.
A continuación achegamos o enlace donde realizar a inscrición.