Pasar al contenido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Tablón de anuncios
    • Noticias
    • Agenda
    • Igualdad
    • ODS Agenda 2030
    • Plenos
  • Servicios
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Buzón de sugerencias
    • Carpeta de documentos
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Empleo
    • Escuela Infantil Municipal
    • Información catastral
    • Juzgado de Paz
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpio
    • Registro
    • Registro Civil
    • Servicios sociales
    • Urbanismo
  • Municipio
    • Introducción
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interés
    • Movilidad y transporte
  • Turismo
  • Contacto

PRESENTACIÓN DA X CARREIRA POPULAR DAS PRAIAS EN BARREIROS

Fecha de publicación: 
Lunes, 25 Marzo, 2024 - 14:27

A proba terá lugar este venres día 29 de marzo e xa conta con máis de 350 participantes inscritos.

Esta fin de semana tivo lugar a presentación da carreira popular das praias á que acudiu a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, o concelleiro de deportes, Dani García, xunto con membros da asociación organizadora A.C.D. Praias de Comado aos que lles agradeceron a “súa implicación en promover o deporte, especialmente entre a rapazada e, por crear un evento atractivo para Barreiros no que participan persoas de todas as idades”.

O evento deportivo conta con tres modalidades; ás 11:30 horas na praia de Altar darán comezo as probas infantís, á mesma hora, 11:30 terá lugar a saída da andaina desde a praia de Arealonga con chegada na praia de altar percorrendo todo o litoral barreirense. Xa, ás 12:00 horas, tamén na praia de Arealonga, terá lugar a saída da proba absoluta na cal as e os participantes deberán salvar unha distancia de 9 km de area mollada e paseo marítimo ata chegar a praia de Altar onde estará situada a meta.

A Carreira popular das Praias está incluída no circuíto de carreiras populares +KmBarreiros, organizado polo Concello de Barreiros e que este ano vai pola súa terceira edición.

Esta é a segunda proba do circuíto logo de que no nadal se celebrara a Carreira popular de Reis, agora é a quenda da Carreira Popular das Praias, á cal seguirán a ½km vertical Monte Comado, a Benquerencia Terra Mar, o Trail Monte Comado e a Carreira Ao Son do Masma.

A rexedora municipal lembra que “Barreiros é un enclave natural que conforma unha mestura perfecta de praia e montaña no que albergar multitude de disciplinas deportivas e no que é posible fomentar un turismo activo cheo de experiencias medioambientais”.

O concelleiro de deportes, Dani García, sinala que “este ano contamos con dúas clasificacións máis dentro do circuíto Máis Kms Barreiros; unha dentro das categorías absolutas, nas cales se poden formar equipos de ata un máximo de 8 participantes e outra na que participan os colexios e institutos sumando puntos por cada alumno/a que participe nas carreiras”.

Toda a información das probas así coma as inscricións nas mesmas pode facerse desde a web https://maiskmsbarreiros.gal

Categorías:

  • Ayuntamiento
Otras noticias: 
O DESFILE DE ENTROIDO DE BARREIROS REPARTIRÁ PRETO DE 1.000 EUROS EN PREMIOS O VINDEIRO 3 DE MARZO
BARREIROS ACOLLERÁ UNHA CHARLA INFORMATIVA SOBRE A PRAGA DA COUZA DA PATACA O DÍA 22 DE FEBREIRO
DESFILE E BAILE DE ENTROIDO
“A SITUACIÓN ECONÓMICA DO CONCELLO BARREIRENSE É BOA”. ASÍ O DIXO HOXE O ALCALDE, ALFONSO FUENTE
O CONCELLO ORGANIZA UNHA REPRESENTACIÓN TEATRAL PARA O VINDEIRO DOMINGO, 5 DE FEBREIRO

Páginas

  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 110
  • 111
  • 112
  • 113
  • 114
  • 115
  • 116
  • 117
  • 118
  • …
  • siguiente ›
  • última »

 

Ayuntamiento de Barreiros

Política de Privacidad
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidad


Horario de atención al público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: lunes a viernes.

Ayuntamiento

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Tablón de anuncios
  • Noticias
  • Agenda
  • Igualdad
  • ODS Agenda 2030
  • Plenos

Servicios

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Buzón de sugerencias
  • Carpeta de documentos
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Empleo
  • Escuela Infantil Municipal
  • Información catastral
  • Juzgado de Paz
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpio
  • Registro
  • Registro Civil
  • Servicios sociales
  • Urbanismo

Municipio

  • Introducción
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interés
  • Movilidad y transporte