Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
O Concello de Barreiros vén de ser seleccionado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para desenvolver un proxecto integral a nivel municipal. Dende o mes de setembro o Concello está traballando na elaboración dun Plan Municipal para a implementación dos ODS(Obxectivos de Desenvolvemento Sostible).
Esta iniciativa desenvólvese en tres concellos máis en toda Galicia, no ámbito provincial de Lugo o Concello de Barreiros foi o seleccionado. Os outros tres concellos galegos son Fene, Trives e Tomiño.
O Plan Municipal para a implementación dos ODS ten como obxectivo coñecer a situación do Concello respecto á súa contribución cos ODS e coa Axenda 2030, así como tamén artellar unha folla de ruta para mellorar o seu aliñamento con esta planificación a nivel global.
A elaboración deste Plan consta de varias fases:
Neste último mes estívose traballando na elaboración dun informe diagnóstico, para coñecer en profundidade o traballo que xa está adiantado a este respecto a nivel municipal. O pasado venres 15 de outubro, parte da corporación municipal e do persoal técnico traballaron arredor dun encontro para poñer en común as súas opinións e recoller todas as políticas e medidas municipais que encaixan cos ODS.
Entre o mes de novembro e decembro se celebrarán máis encontros de traballo, un deles terá un carácter social e participado, onde participarán representantes do tecido social e veciñal. Estes espazos terán como finalidade recoller propostas e medidas que sumen ao Plan Municipal para a implementación dos ODS.O obxectivo último é construír este documento dende unha perspectiva aberta, transparente e que teña en conta todas as necesidades, propostas e ideas da veciñanza.