Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
O pasado domingo a veciñanza de Barreiros e arredores puideron disfrutar dos produtos que achegaron ao mercadiño os 40 postos que se deron cita neste oitavo evento estacional organizado polo Concello de Barreiros.
Máis de 600 degustacións se repartiron a mediodía na food truck de Boaga a través do programa "un gusto de rural, un rural degusto" da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
Durante todo o día os postos recibiron centos de visitantes que realizaron multitude de compras coas que puideron optar ao sorteo de 3 cestas e 2 ramos de flores. Máis de 700 papeletas se xuntaron na urna á hora do sorteo.
Puideron disfrutar de boa música en directo, do comercio local, da artesanía da zona, de produtos da primevera, de talleres, obradoiros e xogos para os máis peques e ata dunha merenda especial.
E con todas estas cifras non podemos máis que darlle as grazas a toda a xente que se pasou pola carpa e que dunha forma ou outra fai que os mercadiños de Barreiros sexan sempre un éxito de participación.