Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
O DESFILE DE ENTROIDO DE BARREIROS REPARTIRÁ PRETO DE 1.000 EUROS EN PREMIOS O VINDEIRO 3 DE MARZO. HABERÁ TAMÉN CEA E BAILE ESA XORNADA NUNHA CARPA INSTALADA NA PRAZA DO CONCELLO.
En Barreiros o Desfile e Baile de Entroido terá lugar o vindeiro 3 de marzo, organizado polo Concello.
Ás 21 horas dará comezo o desfile polas rúas do pobo coas actuacións de Os Fandangueiros, A Folixa, Habelas Hainas e Os Macanudos. O percorrido será o seguinte: praza do Concello, Rúa Veiga, vivendas sociais, Camiño de Covas, Estrada da Praia, Rúa Urbanización Pedrós, Rúa Vila e remate na praza do Concello.
E ás 22:30 horas nunha carpa instalada na propia praza do Concello haberá a cea, que será servida por Chao dos Navais. O menú inclúe: entrantes fríos, churrasco, postre, pan, bebida e café por 12 euros persoa. Os interesados en acudir poden reservar no seguinte número de teléfono: 647 65 32 88.
Segundo explican desde o Concello “despois da cea será a entrega de premios e o Baile de Entroido, que estará amenizado polo grupo musical Lecer”. En total repartiranse preto de 1.000 euros en premios.
Da organización do Desfile e Baile de Entroido de Barreiros encárgase o Concello que conta coa colaboración de Mar e Monte, Comerciantes de Barreiros, Os Macanudos, Habelas Hainas e Chao dos Navais.