Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
Barreiros, 20 de xaneiro de 2021. A raíz do cribado realizado polo Sergas entre o persoal municipal e debido á aparición de outro positivo, a alcaldesa, en coordinación co Sergas decretou o peche das oficinas municipais e a redución da atención presencial a cuestións de extrema urxencia.
As oficinas permanecerán pechadas e o persoal en corentena preventiva ata o 26 de xaneiro como mínimo, a espera da evolución da situación.
A atención á veciñanza quedará restrinxida á vía telefónica ou por correo electrónico.
O Sergas realizará un novo cribado entre o persoal que tivo contacto co novo positivo.
Nos vindeiros días, realizaranlles probas tamén ao persoal do SAF que, sen ter tido contacto directo, consideran importante polo risco do traballo que desenvolven.
Polo tanto, os servizos municipais quedan do seguinte xeito:
*En verde están os servizos que contarán con atención presencial (para casos de urxencia)
►Administración - administracion@concellodebarreiros.gal - 982.124.002
►Augas (presencial só os mércores) - mlbarreiral@fcc.es - 982.524.065
►Aula CeMIT - cemit@concellodebarreiros.gal - 666.875.946
►Arquitecta - arquitecta@concellodebarreiros.gal - 982.124.002
►Biblioteca: suspéndese o uso para estudo, permitíndose o préstamo e devolución de libros. - cultura@concellodebarreiros.gal - omix@concellodebarreiros.gal - 982.124.106
►Catastro - catastro@concellodebarreiros.gal - 982.124.002
►Contabilidade - contabilidade@concellodebarreiros.gal - 982.124.002
►Educadora - educadora@concellodebarreiros.gal - 982.124.002
►Deportes - tecnicadeportiva@concellodebarreiros.gal - 680.913.904
►Gardería - garderia@concellodebarreiros.gal - 982.124.407
►Información xeral - info@concellodebarreiros.gal - 982.124.002
►Padrón - padron@concellodebarreiros.gal 982.124.002
►Rexistro - rexistro@concellodebarreiros.gal - 982.124.002
►Secretaria - secretaria@concellodebarreiros.gal - 982.124.002
►Serv. Sociais - asistenciasocial@concellodebarreiros.gal - 608.038.952
►Turismo - turismo@concellodebarreiros.gal - 982.124.002
Para trámites online está dispoñible a sede electrónica do Concello de Barreiros baixo a seguinte dirección: https://barreiros.sedelectronica.es