Pasar al contenido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Tablón de anuncios
    • Noticias
    • Agenda
    • Igualdad
    • ODS Agenda 2030
    • Plenos
    • Subvenciones recibidas
  • Servicios
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Buzón de sugerencias
    • Carpeta de documentos
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Empleo
    • Escuela Infantil Municipal
    • Información catastral
    • Juzgado de Paz
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpio
    • Registro
    • Registro Civil
    • Servicios sociales
    • Urbanismo
  • Municipio
    • Introducción
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interés
    • Movilidad y transporte
  • Turismo
  • Contacto

O CONCELLO REIMPULSA A REDE LOCAL DE VOLUNTARIADO COA "I XORNADA DE VOLUNTARIADO VERDE" QUE SE CELEBRARÁ ESTE SÁBADO, 29 DE XUÑO

Fecha de publicación: 
Miércoles, 26 Junio, 2019 - 21:07

O Concello de Barreiros reimpulsa a rede local de voluntariado coa “I xornada de voluntariado verde” que se celebrará este sábado, 29 de xuño. Labores de recollida de plásticos e de residuos, desbroces ou limpeza son algunhas das accións a levar a cabo. 

I Xornada de Voluntariado Verde

O Concello de Barreiros organiza a I Xornada de Voluntariado Verde, unha cita que ten por obxecto o adecentamento de espazos verdes do municipio, así como doutros lugares de esparexemento. A alcaldesa, Ana Ermida, explica que “o pasado 5 de xuño tivo lugar o Día Mundial do Medio Ambiente, unha cita que convida a pensar na necesidade de prestar atención ao entorno natural e previr ou minimizar as accións que o impactan, así como a poder desfrutar do medio natural, a mantelo en bo estado e a que todas as persoas actúen en pro disto”.

Nesta primeira ocasión, coincidindo co comezo da época estival, será a zona de praias o lugar no que se desenvolverá esta actividade; mais prevese continuar por outras, tanto de importancia turística como o entorno do Camiño de Santiago, como por zonas residenciais habituais. 

En palabras de Ana Ermida, alcaldesa de Barreiros “case todas as persoas podemos poñer o noso grao de area contribuíndo a crear un mellor espazo de convivencia. Neste caso, tamén pola situación de deixadez na que se atopa o noso municipio e a imposibilidade de facer fronte con máis premura e medios, consideramos que esta debía ser a primeira acción do voluntariado, pois todas as persoas podemos ser usuarias destes espazos e agradecemos cando os atopamos en bo estado”. 

Desde o Concello prevese tamén continuar nesta liña de mantemento de espazos limpos mediante labores de concienciación e sensibilización co medio ambiente, especialmente no que respecta á recollida de residuos, e de forma máis inminente e insistente na zona de praias e en período estival, debido ao elevado volume de persoas que fai uso destas zonas.

Con esta primeira acción, o Concello de Barreiros quere reimpulsar a xa existente Rede Local de Voluntariado. Ademais do voluntariado verde, cabe a posibilidade de tomar parte noutras actividades relacionadas coa dinamización social ou a asistencia e colaboración con persoas maiores ou en situación de dependencia. Calquera persoa que desexe participar poderá facelo en todos aqueles ámbitos que queira.

Desde o Concello animan a tomar parte nesta acción e, tal e como apunta Ana Ermida, “facemos falta todas e todos para que Barreiros volva brillar. E estamos a apreciar moitas ganas de aportar por parte de moita xente, ganas de ver un Barreiros mellor, con ilusión. Hai moitas veciñas e veciños que nos están a trasladar a súa disposición a colaborar, e o que se pretende é aproveitar este voluntarismo en beneficio de Barreiros”. 

O prazo para anotarse no grupo de voluntariado xa está aberto. Pode facerse de forma presencial no Concello, no teléfono 982.12.40.02 ou online, pinchando aquí: https://forms.gle/C6i6kTcPxf2Qh7om6

As persoas que desexen solicitar máis información poden facelo escribindo a info@concellodebarreiros.com

Categorías:

  • Ayuntamiento
Otras noticias: 
FALTAN 7 DÍAS PARA VIVIR O GRAN CAMIÑO EN BARREIROS
UNANIMIDADE NA CORPORACIÓN DE BARREIROS EN CALIFICAR DE INSUFICIENTE A APORTACIÓN DA XUNTA AO SAF
O CONCELLO DE BARREIROS PARTICIPA NA POSTA EN MARCHA DO PROGRAMA CONVIVE
BARREIROS PRESENTA A CARREIRA POPULAR DAS PRAIAS
O CONCELLO DE BARREIROS VÓLCASE DE NOVO CO SURF BASE

Páginas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • siguiente ›
  • última »

 

Ayuntamiento de Barreiros

Política de Privacidad
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidad


Horario de atención al público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: lunes a viernes.

Ayuntamiento

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Tablón de anuncios
  • Noticias
  • Agenda
  • Igualdad
  • ODS Agenda 2030
  • Plenos
  • Subvenciones recibidas

Servicios

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Buzón de sugerencias
  • Carpeta de documentos
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Empleo
  • Escuela Infantil Municipal
  • Información catastral
  • Juzgado de Paz
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpio
  • Registro
  • Registro Civil
  • Servicios sociales
  • Urbanismo

Municipio

  • Introducción
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interés
  • Movilidad y transporte