Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
O Concello de Barreiros está procedendo á colocación de novas marquesiñas en diversas parroquias, para facer máis cómodo o acceso ao transporte público a usuarias e usuarios. As marquesiñas, de 2,55m x 1,35m e 2,35 m de alto son de madeira de piñeiro tratada en autoclave, nivel IV e con amplos cristais laterais de 0.80m x 0,95m. Son 4 unidades distribuídas nas parroquias de San Cosme, Benquerencia, Vilamartín Pequeno e Santiago de Reinante.
O financiamento deste investimento corresponde á Deputación de Lugo en virtude do convenio asinado entre o Concello de Barreiros e á Área de Medio Rural da institución provincial por importe de 16.480,20€.
Estas catro unidades súmanse a outras catro instaladas anteriormente, de igual deseño e feitas cos mesmos materiais e nas mesmas dimensións. Con estas actuacións, e segundo manifestan desde o concello “procedemos á renovación de marquesiñas para garantir a seguridade e comodidade de usuarios do transporte público e escolares, e homoxeneizar tamén esteticamente o conxunto das existentes nas rutas de transporte do concello”.