Pasar al contenido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Tablón de anuncios
    • Noticias
    • Agenda
    • Igualdad
    • ODS Agenda 2030
    • Plenos
  • Servicios
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Buzón de sugerencias
    • Carpeta de documentos
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Empleo
    • Escuela Infantil Municipal
    • Información catastral
    • Juzgado de Paz
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpio
    • Registro
    • Registro Civil
    • Servicios sociales
    • Urbanismo
  • Municipio
    • Introducción
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interés
    • Movilidad y transporte
  • Turismo
  • Contacto

O CONCELLO DE BARREIROS PON EN MARCHA A ESCOLA DE FAMILIAS CON CRIANZAS DE CERO A DOCE ANOS

Fecha de publicación: 
Lunes, 9 Mayo, 2022 - 14:41

As actividades  encádranse dentro do programa + Igualdade Barreiros e pretenden formar ás persoas adultas para educar en igualdade e dun xeito positivo e respectuoso.

Barreiros 9 de maio de 2022. O Concello de Barreiros vén de presentar o obradoiro “Escola de Familias”, un espazo no que se impartirá formación baseada na coeducación e a disciplina positiva,  para familias con crianzas de cero a doce anos. Está formación participativa encádrase no programa desenvolto pola área de Igualdade +Igualdade Barreiros e pretende dotar ás familias de ferramentas para educar en igualdade, dun xeito positivo e baseado no respecto mutuo.

“Trátase de dotar ás familias de Barreiros dun instrumento para a educación das crianzas que permita o coñecemento das distintas etapas evolutivas e do desenvolvemento cerebral e emocional, fomentando a empatía”, explica a concelleira de Educación e Igualdade, Montse Porteiro. “Deste xeito, poñemos a disposición das familias formación que cada vez conta con máis demanda, no obxectivo de formar persoas adultas críticas e con capacidade de afrontar por si mesmas as diversas situacións que as agora nenas e nenos atoparán ao longo da súa vida.”

Segundo adianta a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, coa posta en marcha da Escola de Familias dan forma a “un compromiso adquirido polo goberno de Barreiros e que ao fin podemos levar a cabo, con vocación de continuidade, apostando pola educación en valores desde unha perspectiva de xénero e dotando ás familias de ferramentas que axuden ao desenvolvemento de competencias emocionais que fagan posible un entorno igualitario.”

Montse Porteiro insiste en que “estas escolas de familias son espazos de comprensión e respecto que ensinan a comunicármonos e entender os comportamentos das nosas crianzas, aínda cando estes non sexan os máis adecuados, reconducíndoos de xeito positivo e sen loitas de poder.”

O obradoiro será impartido por “Disciplina Positiva A Mariña”, que conta con ampla experiencia no modelo educativo de disciplina positiva e que axuda a acompañar ás crianzas desde a colaboración, coa intención de ensinarlles competencias básicas para a vida.

Este proxecto desenvolverase en sete xornadas de dúas horas aproximadamente cada unha, e levaranse a cabo os venres, a partir do 20 de maio. Para anotarse,  facilitarase as persoas interesadas unha ficha de inscrición para cumplimentar e que deberán entregar nas oficinas do Concello.

 Descargar diptico e ficha de inscrición

 

Categorías:

  • Ayuntamiento
Otras noticias: 
CONMEMORAMOS O DÍA MUNDIAL DO TEATRO COA REPRESENTACIÓN "ELIXIR DE XUVENTUDE", A CARGO DO GRUPO A ADALA
CAMPAÑA DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS: TOMA MEDIDAS!!!
O GRUPO DE TEATRO O CENTIÑO PRESENTA ZUME DE AMORODIOS O 11 DE MARZO EN BARREIROS
O CONCELLO DE BARREIROS PUXO EN MARCHA UN NOVO SISTEMA DE COMUNICACIÓN COS VECIÑ@S MAIORES DE 60 ANOS
CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CON MOTIVO DO DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Páginas

  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 95
  • 96
  • 97
  • 98
  • 99
  • 100
  • 101
  • 102
  • 103
  • …
  • siguiente ›
  • última »

 

Ayuntamiento de Barreiros

Política de Privacidad
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidad


Horario de atención al público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: lunes a viernes.

Ayuntamiento

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Tablón de anuncios
  • Noticias
  • Agenda
  • Igualdad
  • ODS Agenda 2030
  • Plenos

Servicios

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Buzón de sugerencias
  • Carpeta de documentos
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Empleo
  • Escuela Infantil Municipal
  • Información catastral
  • Juzgado de Paz
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpio
  • Registro
  • Registro Civil
  • Servicios sociales
  • Urbanismo

Municipio

  • Introducción
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interés
  • Movilidad y transporte