Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
O CONCELLO COLABOROU COA CENA BENÉFICA EN APOIO DA ASOCIACIÓN DE LOITA CONTRA O CANCRO CELEBRADA O PASADO VENRES. A CONCELLEIRA ADELA RODRÍGUEZ MOSTRA O SEU AGRADECEMENTO A TODAS AS PERSOAS QUE ACUDIRON E ÁS EMPRESAS QUE APORTARON OBSEQUIOS PARA SER SORTEADOS.
O Concello colaborou coa cena benéfica en apoio da loita contra o cancro celebrada o pasado venres, día 6 de maio. Nela participaron 167 persoas ás que a concelleira Adela Rodríguez agradece a súa asistencia. Tamén estiveron presentes o alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, e o vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, entre outros.
A edil Adela Rodríguez manifestou que “queremos dar as grazas a todas as persoas que nos acompañaron na cea o venres día 6, en apoio da loita contra o cancro, así como a todas as persoas que axudaron cos seus donativos e ás empresas que nos deron distintos obsequios para sortear gratuitamente na cena”.
Adela Rodríguez dixo que “non podemos pasar sen dar as grazas ao restaurante A Yenka pola atención exquisita que sempre mostra con esta cena. Tamén queremos puntualizar que as persoas importantes desta cena non somos as que organizamos senón as que nos acompañan, que co seu donativo fan posible que esta enfermidade cada vez teña un futuro mellor co traballo dos investigadores, xa que eles poñen o seu grao de area para poder pagar a súa investigación”.
A edil barreirense subliñou que “nesta cena varias persoas que sufriron esta enfermidade, incluso algunhas operadas ata tres veces de distintos tumores, cearon, bailaron e o pasaron ben con esperanza de vida vendo a colaboración das persoas de Barreiros e algunhas doutros concellos, polo que de novo lles damos as grazas con todo o noso afecto e deles tamén”.
Adela Rodríguez concluíu: “non teño verbas para mostrar a nosa alegría e gratitude en ver o comedor cheo de xente. De novo grazas, grazas”.