Pasar al contenido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Tablón de anuncios
    • Noticias
    • Agenda
    • Igualdad
    • ODS Agenda 2030
    • Plenos
  • Servicios
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Buzón de sugerencias
    • Carpeta de documentos
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Empleo
    • Escuela Infantil Municipal
    • Información catastral
    • Juzgado de Paz
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpio
    • Registro
    • Registro Civil
    • Servicios sociales
    • Urbanismo
  • Municipio
    • Introducción
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interés
    • Movilidad y transporte
  • Turismo
  • Contacto

O ANTROIDO DA PASO EN BARREIROS Á PROGRAMACIÓN DO MES DE MARZO, “CON M DE MULLERES"

Fecha de publicación: 
Miércoles, 2 Marzo, 2022 - 18:04

Barreiros, 02 de marzo de 2022. O Concello de Barreiros dará continuidade á programación de Entroido con diversos actos que se encadran dentro do slogan “con M de Mulleres” e que se desenvolverán ao longo do mes de marzo. Con esta programación quérese adicar este mes de marzo ás mulleres mariñás, que serán as protagonistas da meirande parte dos actos.

O programa comeza coa actuación musical do grupo “Habelas Hainas”. Grupo feminino formado en 2010 e que toma como punto de partida a música de raíz. Combinan, de xeito brillante, un son enérxico, fresco e orixinal, sempre desde unha perspectiva de xénero. Esta actuación está financiado pola Área de Igualdade da Deputación de Lugo e terá lugar este domingo, 6 de marzo, no centro sociocultural de San Cosme ás 19 horas.

Para o domingo 13 de marzo ás 18 horas, tamén no centro sociocultural de San Cosme, as nenas e nenos que forman parte do programa “Sinfónico no Rural”, interpretarán unha peza musical baixo a dirección do profesorado. Ao acto acudirán varias artistas invitadas, todas elas mulleres mariñás do mundo da música e da escrita que interpretarán varias pezas musicadas. Unha vez remate a actuación farase un breve coloquio. O programa “Sinfónico no Rural” é un programa de educación músicosocial que promove a Fundación Xesús Bal y Gay. Combina a aprendizaxe dun instrumento co desenvolvemento de valores e capacidades encamiñados a enriquecer as relacións sociais, estimular a imaxinación, a motivación,  a mellorar a autoestima e o traballo en equipo achegando a música a nenas e nenos independentemente do lugar onde vivan.

Para rematar os actos do mes adicado ás mulleres, o sábado 19 de marzo ás 12 horas, terá lugar nos Colexios Vellos de San Miguel o encontro literario “Mulleres na escrita”. A edil de igualdade, Montse porteiro, sinala que: contaremos coa presenza da escritora burelá Antía Yáñez que nos falará do seu libro “Senlleiras” e  tamén presentará o libro da escritora barreirense Lucía Ferro, “Resaibo Amargo”. A concelleira apunta que: esta é a “opera prime” de Lucía Ferro e, desde o Concello de Barreiros, quixemos compartir coa veciñanza o orgullo que sentimos de presentar o libro no seu pobo, nun acto conducido por unha das escritoras galegas de máis sona e que tamén é mariñá.

Categorías:

  • Ayuntamiento
Otras noticias: 
CAMPAMENTO DE VERÁN 2023
BARREIROS PRESENTA A PROGRAMACIÓN CULTURAL DE MAIO XUÑO E XULLO
O CONCELLO DE BARREIROS CREA UNHA BOLSA DE EMPREGO PARA TRABALLAR COMO SOCORRISTA NAS PRAIAS BARREIRENSES ESTE VERÁN
EN LICITACIÓN NOVOS ARRANXOS DE CAMIÑOS EN BARREIROS POR IMPORTE DE MÁIS DE 280.000 EUROS
DE COSME BARREIROS A SALVADOR LOURENZÁ

Páginas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • siguiente ›
  • última »

 

Ayuntamiento de Barreiros

Política de Privacidad
Aviso legal | Política de cookies


Horario de atención al público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: lunes a viernes.

Ayuntamiento

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Tablón de anuncios
  • Noticias
  • Agenda
  • Igualdad
  • ODS Agenda 2030
  • Plenos

Servicios

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Buzón de sugerencias
  • Carpeta de documentos
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Empleo
  • Escuela Infantil Municipal
  • Información catastral
  • Juzgado de Paz
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpio
  • Registro
  • Registro Civil
  • Servicios sociales
  • Urbanismo

Municipio

  • Introducción
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interés
  • Movilidad y transporte