Pasar al contenido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Tablón de anuncios
    • Noticias
    • Agenda
    • Igualdad
    • ODS Agenda 2030
    • Plenos
  • Servicios
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Buzón de sugerencias
    • Carpeta de documentos
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Empleo
    • Escuela Infantil Municipal
    • Información catastral
    • Juzgado de Paz
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpio
    • Registro
    • Registro Civil
    • Servicios sociales
    • Urbanismo
  • Municipio
    • Introducción
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interés
    • Movilidad y transporte
  • Turismo
  • Contacto

I CERTAME DE TEATRO AMADOR “CONVIDA NO RURAL” EN BARREIROS

Fecha de publicación: 
Viernes, 19 Agosto, 2022 - 14:56

BASES:

1.- A Concellería de Cultura do Concello de Barreiros (Lugo)  e mailo Colectivo Cultural Ollomao convocan o I CERTAME DE TEATRO AMADOR “CONVIDA NO RURAL”.

2.- Poderán participar unicamente compañías ou grupos de teatro amador e que superen un proceso previo de selección, admitíndose calquera tipo de xénero, e empregando preferentemente a lingua galega en calquera das súas variantes dialectais (só se admitirán obras noutras linguas no caso de grupos procedentes de fóra de Galiza). Queda excluído deste certame calquera grupo procedente do Concello de Barreiros.

3.- A duración das actuacións presentadas a concurso deberá ser de entre 40 e 100 minutos

4.- Rexeitarase calquera obra cuxo contido incite á violencia e ao odio ou cuxa temática sexa de carácter discriminatorio e/ou sexista.

5.- Neste certame só poderán participar agrupacións nas que a meirande parte dos seus membros sexan adultos, admitíndose un máximo dun 25%  de menores de idade no reparto.

6.- Os grupos interesados en participar deberán inscribirse ben nas oficinas municipais do Concello de Barreiros ou ben por correo, enviando a seguinte documentación:

– Ficha de inscrición que se acompaña e que aparece na páxina web do Concello.

– Fotocopia do CIF do grupo ou compañía.

– Ficha artística e técnica.

– DVD, pendrive coa gravación de, como mínimo, 15 minutos de duración dunha representación ou ensaio (o máis significativa posible) da obra presentada a concurso, ou enlace de internet onde se poida ver.

Esta documentación poderá enviarse por correo ordinario á seguinte dirección:

Concello de Barreiros (I Certame de teatro amador “ConVida no Rural”) Rúa Vila, 63, 27790 Barreiros, Lugo. ou ben ao enderezo eléctrónico:  dinamizacion@concellodebarreiros.gal

7.- O prazo de presentación das solicitudes comezará ao día seguinte da publicación destas bases na web do Concello e rematará o día 6 de setembro de 2022.

8.- As representacións terán lugar os sábados e domingos do mes de outubro ás 20:00 horas, establecéndose un máximo de 8 actuacións (a organización, en función da calidade das obras, poderá reducir o número de representacións). O horario das representacións poderá modificarse por motivos xustificados e debidamente autorizado pola organización.

9.- O día 1 de novembro terá lugar nos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante a entrega de premios, nunha gala na que haberá unha representación teatral a cargo do grupo de teatro do CC Ollomao. Para cada premio o xurado seleccionará tres obras. Será na gala cando se coñeza o gañador de cada categoría. A nominación será comunicada pola organización aos interesados. Á gala final deberán asistir representantes dos grupos seleccionados.

10.- A Organización nomeará un xurado independente que será presidido, con voz pero sen voto, o edil de Cultura ou a persoa na que delegue. O fallo do xurado será inapelable. Os membros do xurado faranse públicos con anterioridade ao inicio do Certame e percibirá, cada un deles, pola súa asistencia á totalidade do certame un importe de 50,00 euros a modo de indemnización.

11.- O Xurado, á hora de emitir as súas valoracións, terá en conta os seguintes aspectos:

- Calidade das interpretacións: Valorarase o nivel xeral das interpretacións tendo en conta varios aspectos como expresión corporal, proxección da voz e dicción, movementos en escena, traballo de personaxe, comprensión do texto, ...

- Calidade da posta en escena: Valorarase no seu conxunto a calidade do concepto da posta en escena proposta e dos elementos que a compoñen.

- Texto elixido: Valorarase especialmente a elección de textos que defendan valores positivos como a igualdade, a empatía, a solidariedade, etc. , así como os textos de creación propia e de autores galegos.

- Orixinalidade da proposta artística: Valorarase especificamente o risco, a novidade e o atrevemento no concepto do espectáculo no seu conxunto.

- Calidade técnica do espectáculo: Valorarase como o grupo concibe e usa os elementos técnicos de que dispón e en especial o espazo sonoro e a iluminación. Valorarase a corrección, a limpeza e a creatividade no uso de recursos técnicos.

12.- Cada grupo ou compañía de teatro seleccionado recibirá a cantidade de 400 euros en concepto de participación, desprazamento, montaxe, etc. (Para recibir a citada cantidade, a compañía ou grupo deberá presentar factura).

13.- Establécense dous premios:

- 1º premio: 600 € e trofeo

- 2º Premio: 200 € e trofeo

O xurado, de acordo coa organización, poderá establecer algún premio máis se o considerara oportuno.

Ademais dos referidos premios galardoarase cun trofeo ás seguintes categorías:

- Mellor actriz protagonista

- Mellor actor protagonista

- Mellor actriz de reparto

- Mellor actor de reparto

Tamén será galardoada cun trofeo o Premio Especial do Público, que distinguirá a aquela obra que obteña a máxima puntuación nas enquisas de valoración que se realicen entre as persoas asistentes respecto de cada unha das representacións.

14.- Os medios técnicos necesarios para a representación correrán a cargo dos participantes. A carga e descarga do material, montar e desmontar a escenografía, será responsabilidade de cada grupo participante.

15.- As representación levaranse a cabo en dous espazos escénicos:

  • Centro Social de San Cosme de Barreiros (domingos)
    • Medidas escenario:
      • Boca: 6,50 m.
      • Fondo: 4,70 m.
      • Alto: 2,70 m.
      • Altura do escenario sobre a platea: 0,50 m.
  • Colexios Vellos de San Miguel de Reinante (sábados)
    • Medidas escenario:
      • Boca: 6,00 m.
      • Fondo: 5,00 m.
      • Alto: 2,40 m.
      • Altura do escenario sobre a platea: 0,50 m.

 

16.- A participación no Certame implicará a autorización por parte das compañías e grupos á organización para efectuar gravacións de partes da obra representada.

17.- A xestión e o pago á SGAE polos dereitos de autor (se os houbese) correrán a cargo de cada grupo ou compañía participante no certame.

18.- Calquera circunstancia non prevista nas presentes bases será resolta de maneira inapelable pola Organización.

 Bases certame

 Folla de inscrición

 

Categorías:

  • Ayuntamiento
Otras noticias: 
BARREIROS OPTA POR FOMENTAR EL KITESURF EN ALTAR Y RENUNCIAR A LA BANDERA AZUL
EL CERTAMEN LOCAL DE POESÍA Y DIBUJO DE NAVIDAD 2015 YA TIENE GANADORES EN BARREIROS
NIÑAS Y NIÑOS DE BARREIROS PARTICIPARON EN UNA VIDEOCONFERENCIA CON PAPÁ NOEL ORGANIZADA POR EL AULA CEMIT
Vídeo donde un alumno del “Obradoiro Serra da Cadeira II” nos cuenta su experiencia como usuario del Proyecto EcaTIC de la Fundación ONCE
SERVICIOS SOCIALES RECOGE ALIMENTOS EN VARIOS PUNTOS PARA LAS FAMILIAS MÁS NECESITADAS DEL MUNICIPIO Y PONE EN MARCHA, UN AÑO MÁS, LA CAMPAÑA “UN NIÑO, UN JUGUETE”

Páginas

  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 86
  • 87
  • 88
  • 89
  • 90
  • 91
  • 92
  • 93
  • 94
  • siguiente ›
  • última »

 

Ayuntamiento de Barreiros

Política de Privacidad
Aviso legal | Política de cookies


Horario de atención al público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: lunes a viernes.

Ayuntamiento

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Tablón de anuncios
  • Noticias
  • Agenda
  • Igualdad
  • ODS Agenda 2030
  • Plenos

Servicios

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Buzón de sugerencias
  • Carpeta de documentos
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Empleo
  • Escuela Infantil Municipal
  • Información catastral
  • Juzgado de Paz
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpio
  • Registro
  • Registro Civil
  • Servicios sociales
  • Urbanismo

Municipio

  • Introducción
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interés
  • Movilidad y transporte