Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
O Concello de Barreiros organizou coa colaboración da Xunta de Galicia (Consellería do Mar) na xornada de onte a actividade O sabor da aventura está no mar. Segundo explica a educadora familiar, Vanesa Fernández, "os nenos e nenas de entre 3 e 12 anos desprazáronse ata a nave das redeiras, sita en Burela, e alí aprenderon o seu oficio e as diferentes artes de pesca. Porteriormente degustaron un cátering de produtos do mar coñecendo os alimentos extraídos do mar desde o punto de vista culinario. Para rematar a xornada fixeron unha visita á zona de marisqueo da ría de Foz, onde adquiriron nocións sobre a extracción de moluscos bivalvos e a diferenciación das distintas especies de marisco".
Vanesa Fernández engadiu que "esta xornada lúdica trasmitiu aos nenos e nenas participantes a importancia dos produtos do mar na súa dieta e o fomento do seu consumo".