Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
Os participantes nas Tardes de Lecer, que organiza o departamento de Servizos Sociais do Concello de Barreiros, viaxaron a Viveiro.
Alí gozaron dunha xornada de lecer onde visitaron o belén Viveiro ante o berce, o belén da igrexa das Concepcionistas, o casco histórico da cidade do Landro e a capela de San Roque, desde onde disfrutaron dunhas bonitas vistas da ría. Xa na viaxe de volta fixeron unha parada en San Ciprián.
O alcalde, Alfonso Fuente, acompañounos nesta viaxe.