Pasar al contenido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Tablón de anuncios
    • Noticias
    • Agenda
    • Igualdad
    • ODS Agenda 2030
    • Plenos
    • Subvenciones recibidas
  • Servicios
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Buzón de sugerencias
    • Carpeta de documentos
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Empleo
    • Escuela Infantil Municipal
    • Información catastral
    • Juzgado de Paz
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpio
    • Registro
    • Registro Civil
    • Servicios sociales
    • Urbanismo
  • Municipio
    • Introducción
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interés
    • Movilidad y transporte
  • Turismo
  • Contacto

ESTE DOMINGO CELÉBRASE A CARREIRA POPULAR “AO SON DO MASMA” EN BARREIROS QUE PECHA O CIRCUÍTO +KMSBARREIROS 2025

Fecha de publicación: 
Martes, 4 Noviembre, 2025 - 13:06

Logo de 5 probas, as clasificacións atópanse máis axustadas que nunca con todo por decidir.

Barreiros acollerá este domingo, 9 de novembro, a VII edición da Carreira Popular “Ao Son do Masma”, organizada polo Colectivo Cultural Ollomao, que se celebrará en Celeiro de Mariñaos e coa que se porá o broche final ao circuíto de carreiras populares +KmsBarreiros 2025.

A xornada deportiva contará tamén cunha andaina e con carreiras para categorías de menores, todas elas xirando na contorna do río Masma no seu hábitat. A andaina dará comezo ás 10:30 horas, as probas de menores ás 11:00 horas e a carreira absoluta ás 12:00 horas.

O prazo de inscrición para participar nas distintas probas permanece aberto ata este xoves, 6 de novembro, a través da web www.maiskmsbarreiros.gal, onde tamén se pode consultar toda a información relativa ao evento e ao circuíto.

A alcaldesa, Ana Ermida, e o concelleiro de deportes, Dani García, destacaron a importancia deste circuíto impulsado polo Concello de Barreiros e que reparte 1.000€ en premios xa que “conseguiu consolidarse como un referente deportivo na Mariña, combinando deporte, natureza e participación social”.

O circuíto +KmsBarreiros, composto por seis probas disputadas ao longo do ano, chega á súa última cita coas clasificacións moi axustadas nas categorías absolutas, o que promete unha proba final emocionante.

Na categoría absoluta feminina, encabeza a clasificación Miriam Folgueira (976 puntos), seguida de Romina Reimondo (886 puntos) e Lucía López (834 puntos).
Na categoría absoluta masculina, lidera David Manuel Martínez (974 puntos), seguido de Óscar Murado (882 puntos) e Manuel Pérez (867 puntos).

A falta de disputar os 250 puntos que outorga esta última proba, todo está aberto para coñecer en Celeiro de Mariñaos ás persoas gañadoras absolutas do circuíto, así como ás vencedoras e vencedores das diferentes categorías.

O Concello de Barreiros quere agradecer o traballo do Colectivo Cultural Ollomao e das asociacións organizadoras das demais probas, Praias de Comado e Augas Santas, así como o apoio da agrupación de voluntarios de Protección Civil de Barreiros e do tecido empresarial local e patrocinadores, que fan posible que o deporte siga sendo un elemento de cohesión e dinamización social no municipio.

Categorías:

  • Deportes
Otras noticias: 
CAMPAMENTOS DE CONCILIACIÓN PARA ESTA SEMANA SANTA
BARREIROS INAUGUROU ESTA MAÑÁ A EXPOSICIÓN “FAUNA ESENCIAL”
BARREIROS ACOLLERÁ A EXPOSICIÓN “FAUNA ESENCIAL”
UN CONVENIO ENTRE INSERTA EMPLEO E O CONCELLO DE BARREIROS FORMARÁ PERSOAS CON DISCAPACIDADE SEN SAÍR DO MUNICIPIO
BARREIROS PROGRAMA ACTIVIDADES DE CARA AO 8M

Páginas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • siguiente ›
  • última »

 

Ayuntamiento de Barreiros

Política de Privacidad
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidad


Horario de atención al público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: lunes a viernes.

Ayuntamiento

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Tablón de anuncios
  • Noticias
  • Agenda
  • Igualdad
  • ODS Agenda 2030
  • Plenos
  • Subvenciones recibidas

Servicios

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Buzón de sugerencias
  • Carpeta de documentos
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Empleo
  • Escuela Infantil Municipal
  • Información catastral
  • Juzgado de Paz
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpio
  • Registro
  • Registro Civil
  • Servicios sociales
  • Urbanismo

Municipio

  • Introducción
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interés
  • Movilidad y transporte