Pasar al contenido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Tablón de anuncios
    • Noticias
    • Agenda
    • Igualdad
    • ODS Agenda 2030
    • Plenos
  • Servicios
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Buzón de sugerencias
    • Carpeta de documentos
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Empleo
    • Escuela Infantil Municipal
    • Información catastral
    • Juzgado de Paz
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpio
    • Registro
    • Registro Civil
    • Servicios sociales
    • Urbanismo
  • Municipio
    • Introducción
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interés
    • Movilidad y transporte
  • Turismo
  • Contacto

ERMIDA SOLICITA Á CONSELLEIRA DE INFRAESTRUTURAS QUE INCLÚA NOS ORZAMENTOS DA XUNTA UNHA NOVA EDAR PARA SAN MIGUEL

Fecha de publicación: 
Viernes, 27 Octubre, 2023 - 10:43

A alcaldesa reitera a necesidade desta infraestrutura e pide compromiso económico da Xunta ao respecto.

A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, vén de dirixir un novo escrito á conselleira de infraestruturas, Ethel Vázquez, no que reitera a necesidade de Barreiros de contar con finanzamento para poder construír unha EDAR en San Miguel que solucione a deficiencia da depuración de augas residuais na zona.

Xa durante o verán, a mandataria municipal se dirixira ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, sen obter resposta ata o momento; trasladándolle o déficit en servizos que ten o municipio a raíz do crecemento sen planificación que se produciu neste concello.

Ante a falta de resposta do máximo mandatario galego, Ermida traslada novamente á conselleira “a necesidade acuciante que ten Barreiros de mellorar o sistema de depuración e, nomeadamente, de poder contar cunha nova EDAR para a que xa existe proxecto, mais non finanzamento.”

Ana Ermida manifesta que é coñecedora da preocupación da conselleira por este tema e tamén do seu compromiso por solucionalo, “tal e como manifestou publicamente nun acto ao que acudiu a este concello hai uns meses, na campaña electoral das eleccións municipais.”

No escrito reitérase o que xa se lle trasladou á Xunta en varias ocasións, facendo fincapé na chegada de fondos europeos e na oportunidade que pode existir, tal e como se fai noutros concellos. Por esta razón, reiterou “a necesidade de que desde o Goberno da Xunta de Galicia teñan en conta a especial situación do Concello de Barreiros para priorizar os proxectos de investimento no mesmo, considerando que podemos contribuír a mellorar o noso País e a xestión dos fondos dos que dispón o seu goberno a través dos orzamentos que elabora.”

Ermida considera que o compromiso que poida existir desde a Xunta de Galicia e a súa intención por solucionar estes problema serían moito máis visibles se se dotara economicamente unha partida nos orzamentos da Xunta para o 2024 que se están a elaborar.

Categorías:

  • Ayuntamiento
Otras noticias: 
OS CONCELLOS DE BARREIROS, TRABADA E LOURENZÁ ESIXEN Á XUNTA QUE CUMPRA COAS AXUDAS PROMETIDAS PARA O SECTOR DA FABA
BARREIROS CELEBRA ESTE DOMINGO O MERCADIÑO NA PRIMAVERA CUN COMPLETO PROGRAMA DE ACTIVIDADES PARA TODA A FAMILIA
Xabier Díaz, Lagharteiras e Traspielas, entre as primeiras confirmacións das III Xornadas Etnográficas da Mariña
CONVOCATORIA PARA OS CARGOS DE XUÍZA DE PAZ TITULARES E SUBSTITUTO/A
BARREIROS INICIA OS TALLERES DE USO DOS TELÉFONOS MÓBILES EN CELEIRO E VILAMARTÍN GRANDE

Páginas

  • « primera
  • ‹ anterior
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • siguiente ›
  • última »

 

Ayuntamiento de Barreiros

Política de Privacidad
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidad


Horario de atención al público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: lunes a viernes.

Ayuntamiento

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Tablón de anuncios
  • Noticias
  • Agenda
  • Igualdad
  • ODS Agenda 2030
  • Plenos

Servicios

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Buzón de sugerencias
  • Carpeta de documentos
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Empleo
  • Escuela Infantil Municipal
  • Información catastral
  • Juzgado de Paz
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpio
  • Registro
  • Registro Civil
  • Servicios sociales
  • Urbanismo

Municipio

  • Introducción
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interés
  • Movilidad y transporte